- AUDITORIO MUNICIPAL
-
MUSEO MUNICIPAL E OUTROS ESPAZOS EXPOSITIVOS
-
CICLO FESTIVO E FESTIVAIS
-
OUTRAS FESTAS E AUTORIZACIÓNS
-
PREMIOS E SUBVENCIÓNS
As Festas de Ourense contarán con actividades gratuitas para todos os nenos e nenas
Ourense, mércores 15 de xuño de 2016.-
A concelleira de Cultura, Belén Iglesias, avanzou esta mañá máis detalles da programación preparada para as Festas de Ourense que están comprendidas entre o sábado 25 deste mes, e o 3 de xullo.
Así, o goberno municipal reforza as actividades que resultan máis atractivas para o público infantil e para as familias, e tamén amplía a un segmento de idade sobre o que se vén apostando todo este curso, os bebés.
O detalle das actividades que explicou a concelleira é o seguinte:
Domingo 26 e luns 27, sábado 2 e domingo 3 - Río da Vida, que inclúe teatro, obradoiros, cine mudo con pianista, concertos …
Lugar: Xardíns do Padre Feijoo
Durante todo o día
Do martes 28 ao venres 1 – Teatro de Rúa
Programación para todos os públicos, pequeno e grandes, acrobacias aéreas, música, diversión...e moita risa
Lugar: Bispo Cesáreo
Horario: mañá e tarde
Do mércores 29 ao venres 1 – Como novidade, ESPAZO BEBÉS, APICIRC, unha instalación para bebés, baseada no circo e as abellas, espazo sensorial para bebes de 0 a 4 anos
Lugar: Bispo Cesáreo
Horario: mañá e tarde
Domingo 3 – Concerto infantil A GRAMOLA GOMINOLA, grupo rock para os máis pequenos.
Lugar: Praza San Martiño
Hora: Pola tarde, 20.00 h
Sábado 2 e domingo 3 – Sesión Vermú, obradoiros infantís
Lugar: Bulevar Termal
Días: Sábado 2 e Domingo 3
Hora: 12.30 h
Domingo 3 - THE FURIOUS MONKEY HOUSE, concerto de rapaces entre 9-12 anos
Lugar: Praza Maior
Barracas e atraccións
A concelleira de Cultura, Belén Iglesias, informou que tras diversas reunións mantidas cos empresarios das atraccións, finalmente acordouse que este ano non se instalarán durante estas Festas 2016.
“Esta decisión tomárona ao non considerar acaídas as datas das festas, xa que, entre outras cousas, coinciden cos festexos de San Xoán na zona de Vigo, celebración xa consolidada e que están no calendario de asistencia do sector das atraccións”, explicou Belén Iglesias.
O Concello respecta esta decisión, e mostra a súa vontade para que nas festas do vindeiro ano 2017 podan volver a estar en Ourense. Neste senso, desde o departamento de Cultura téñense mantido diversas reunións desde hai semanas cos afectados, entendendo finalmente a decisión tomada.
En aras de acadar este obxectivo, a Concellería de Cultura e os empresarios das atraccións, xa acordaron unha vindeira reunión en setembro, con vistas a planificar no calendario vindeiro para que podan encaixar dentro das Festas.