- AUDITORIO MUNICIPAL
-
MUSEO MUNICIPAL E OUTROS ESPAZOS EXPOSITIVOS
-
CICLO FESTIVO E FESTIVAIS
-
OUTRAS FESTAS E AUTORIZACIÓNS
-
PREMIOS E SUBVENCIÓNS
O Concello marca os xoves na axenda cultural durante o verán cos concertos gratuítos na praza de San Martiño
Ourense, 11 de xullo de 2016.
O Verán Cultural afronta a súa segunda edición cunha cita fixa os xoves ás 23:00 horas na Praza de San Martiño. É a hora elixida polo Concellería de Cultura para dinamizar os meses de verán da cidade: “Falamos de pór en práctica estas actividades que enchen de vida os espazos públicos, coma o festival de danza 'corpo á terra' que tivo lugar estes días na cidade, con gran acollemento por parte da cidadanía”, afirmaba Belén Iglesias, concelleira de Cultura, na presentación das actividades.
Malia seren eminentemente musicais, tamén haberá espazo para as acrobacias e o humor nun espazo que se presta especialmente: “A praza é pequena, pero acolledora, e cunhas escaleiras que fan de anfiteatro, o que converte o espazo en moi acaído para este tipo de actos”, dicía Manuel Freire, técnico da Concellería, antes de presentar o calendario.
Xullo 2016
-
Xoves 14, 23:00 horas – De vacas
-
Xoves 21, 23:00 horas - Asacocirco (Acrobacias e malabares con lume)
-
Xoves 28, 23:00 horas - A banda da Balbina (música)
Agosto 2016
-
Xoves 4, 23:00 horas - Vaia trío
-
Xoves 11, 23:00 horas - Uxía e Narf
-
Martes 16, 23:00 horas / Praza Maior- Xornadas de Folclore
-
Mércores 17, 22:30 horas / Praza Maior- Silvia Alonso
-
Xoves 18, 23:00 horas - Samuel Leví y los niños perdidos
-
Xoves 25, 23:00 horas - Los Mecánicos.
Setembro 2016
-
Xoves 1, 22:00 horas- Delicatessen Group
-
Xoves 8, 22:00 horas - Fado violado
-
Xoves 15, 22:00 horas- Rosa Cedrón con Emilio Rúa
-
Xoves 22, 22:00 horas- Tonichi y Pacheco
-
Xoves 29, 22:00 horas- Sleepwalker
A responsable de Cultura quixo agradecer “a implicación da Xunta de Galicia, que a través de Agadic que impulsa a maior parte dos concertos dos xoves, da Deputación, coas Xornadas de Folclore, e tamén dos hostaleiros da Praza de San Martiño, que programan dúas actuacións”, dixo Belén Iglesias.