CONTACTO

  • bases belens
  • Avance audi2
  • MMOu
  • EdC
  • A concellería de Cultura presenta a programación do Samaín, que organiza actividades durante a tarde do 31 de outubro

    Ourense, 25 outubro de 2016

    Esta mañá presentáronse as actividades organizadas con motivo do Samaín, que será o vindeiro luns, 31 de outubro.

    Na roda de prensa estivo a Concelleira de Cultura, Belén Iglesias que subliñou a aposta por dinamizar e consolidar esta celebración nas rúas e prazas da zona vella. Tamén animou a cidadanía a que se sume na tarde do luns, e veña divertirse cos talleres con cabazas – unhas 700 en total -, a música ou o teatro que hai organizado. Ademais, felicitou as persoas participantes no concurso de carteis e en especial o gañador do deseño deste ano, José Ramón Pérez.

    Acompañando á concelleira estivo María Díaz, técnica do departamento de cultura, que explicou máis polo miúdo o programa.

    A continuación detállase o programa completo:

    [Programa en pdf]
     

    Luns, 31 de outubro de 2016


     

    17.00 h Taller de Baleirado de cabazas

    Oito monitores axudando a elaborar a súa cabaza terrorífica para o desfile. O número de cabazas a repartir son 700

    Lugar: Praza Saco e Arce

    17.30 h Microteatro, pequena representación teatral interactiva, onde se lles dará a coñecer aos cativos a orixe do Samaín.

    Duración: Tres pases de 15 min

    Lugar: Praza da Imprenta (local dos artesáns)

    17.30 h Obradoiro “ Daquela Aquélate”

    Para participar nesta actividade nada mellor que aquelarte para a ocasión. Obradoiro de elaboración de accesorios e toques de caracterización para ser celta ou espírito

    Lugar: Praza da Imprenta

    17.30 h Obradoiro: “Amuletos do Samaín”

    Para estar totalmente protexidos dos malos espíritos as nenas e nenos terán a oportunidade de facer un amuleto

    Lugar: Praza da Imprenta

    17.30 h Obradoiro de maquillaxe

    Os nenos e nenas poderán maquillarse para asustar a cidadanía polas rúas escuras da cidade

    Lugar: Praza Manuel Sueiro

    17.30 h Obradoiro de elaboración de chapas

    Elabora a túa chapa e leva un recordo do Samaín

    Lugar: Praza Manuel Sueiro

    17.30 h Obradoiro de cerámica do artesán Juan Rodríguez Ferreira

    Elaboración de figuras utilizando as técnicas das pranchas e churros, usando Barro de la Bisbal e Xio-2

    Lugar: Praza Manuel Sueiro

    19.00 h Desfile de Cabazas

    Percorrido: praza Saco e Arce, Manuel Sueiro, Liberdade, Hernán Cortés(Pena Vixía), praza Das Damas, Praza Maior

    Ao rematarmos baile e festa na Praza Maior con Katembe Proyect!!!

     

    Este ano a partir do 25 de outubro haberá iluminación na Fachada da Casa do Concello.

    O reparto de cabazas comezará ás 17,00 h, na Asociación de veciños da Cidade Vella situada na rúa Liberdade. Repartiremos unha cabaza por neno ou nena e unha candea. Cada neno ou nena terá que vir buscar a súa cabaza

    Ás 19,00 h apágase a luz das rúas e comeza o desfile terrorífico animado musicalmente pola AOFT- Gomes Mouro

    Ao rematarmos na Praza Maior comezará un DJ a animar a todos os pequenos e pequenas con tres bailaríns caracterizados de zombies para a Festa. Baile e festa a rachar na Praza Maior.

    As prazas e rúas estarán decoradas para dar un ambiente máis terrorífico a Festa do Samaín. 


    Concellería de Cultura
    Concello de Ourense
    2017

     

    Rúa da Canle, 1
           32005 Ourense

     

       988 391 290

    Contacto

     

    Accesibilidade

     

    Permisos

    Cultura nas redes:

     

      Facebook

     

      Twitter

     

      Youtube

    Diseñado y programado por ACV Galaica