- AUDITORIO MUNICIPAL
-
MUSEO MUNICIPAL E OUTROS ESPAZOS EXPOSITIVOS
-
CICLO FESTIVO E FESTIVAIS
-
OUTRAS FESTAS E AUTORIZACIÓNS
-
PREMIOS E SUBVENCIÓNS
Concello de Ourense - Cultura - MUSEO MUNICIPAL
A exposición Prego: 100 anos abre o prazo da segunda fase de catalogación da súa obra
Ourense, 12 de decembro de 2016.
Os organizadores da exposición 'Prego: 100 anos' abren este mércores a segunda e última fase de catalogación da Obra de Prego de Oliver. Este chamamento, dirixido a todos aqueles propietarios, coleccionistas ou galeristas que posúan obras do autor ourensán e desexen ter a súa obra catalogada.
O traballo de recepción das obras realizarase os vindeiros días 14, 15 e 16 de decembro na sala Valente en horario de 11:00 a 13:30 horas e de 18:30 a 21:30 horas co seguinte procedemento: entrega da obra cun rexistro de entrada e devolución da obra, con sinatura de saída. Á xente que veña de fóra de Ourense recibirá o certificado e a obra o mesmo día.
Charla didáctica: cambio de data
Por outra banda, hai un cambio de data na última das conferencias divulgativas da súa obra previstas no programa de 'Prego: 100 anos'. Así, O canon da pintura galega desde a Atenas de Galicia: Prego, a cargo do comisario da exposición, Xabier Limia de Gardón, que estaba prevista inicialmente para mañá, terá lugar o vindeiro martes 20 de decembro ás 20:00 horas na propia sala Valente con acceso libre e gratuíto.