CONTACTO

  • Carpichos espidos
  • os nosos fondos
  • Audi
  • A exposición Prego, 100 anos continuará na sala Valente ata o vindeiro domingo 26 de febreiro

    Ourense, xaneiro de 2016.
     
    A exposición Prego de Oliver e a captación do Eterno. O óleo como materialización da súa plástica, dentro do proxecto expositivo 'Prego, 100 anos', seguirá aberta até o vindeiro domingo 26 de febreiro na sala Valente. Foi o éxito de asistencia -foron 13.500 os visitantes desde a súa inauguración, ademais de 900 escolares de entre 3 e 16 anos repartidos 36 visitas- así como a excelente valoración dos visitantes, especialmente durante o proceso de catalogación da súa obra, a que levou o goberno municipal a tomar esta decisión.
     
    Pechadas xa as exposicións O obradoiro: espazo de creación e materialización práctica. A súa obra inédita, no Museo Municipal, e Prego de Oliver, un pintor de ideas e arquetipos. Do bosquexo á obra gráfica, na sala Afundación, os ourensáns poderán contemplar os 111 óleos que conforman a exposición durante todo este mes. A partir da semana que vén, ademais, poderanse contemplar na sala de vídeo do espazo expositivo os debuxos e murais que estiveron expostos na sala Afundación da nosa cidade.
     
    A sala Valente, na rúa do Paseo 20, abre de martes a sábado en horario de 11:00 a 13:30 horas e de 18:30 a 21:30 horas, e os domingos de 11:00 a 13:30 horas.

    Concellería de Cultura
    Concello de Ourense
    2017

     

    Rúa da Canle, 1
           32005 Ourense

     

       988 391 290

    Contacto

     

    Accesibilidade

     

    Permisos

    Cultura nas redes:

     

      Facebook

     

      Twitter

     

      Youtube

    Diseñado y programado por ACV Galaica