• Tempo
  • Premio Risco
  • Estridencias
  • Festes Ou
  • Apego
  • Lali Ayguadé será o prato forte da sétima edición do festival de danza e artes Corpo(a)Terra, 4 ao 14 de xullo

    Ourense, 12 de marzo de 2017.
    O festival de danza e artes do Corpo de Ourense Corpo(a)Terra xa ten datas de celebración: Será do 4 ao 14 de xullo, cando as rúas da cidade volvan encherse de arte e de xente. Para esta edición, o festival contará coa presenza da compañía Lali Ayguadé, de renome internaciona. A súa contratación realizouse no marco da Rede Nacional de Festivais de Danza Acieloabierto, de cuxa directiva é integrande o Corpo(a)TErra.
     
     
    Malia que o programa de actividades está aínda por descubrir, o Corpo(a)Terra abrirá nos vindeiros días o prazo de inscrición do Programa de Adestramento Intensivo en Danza Enxebre-17, a parte do festival dedicada á formación. A programación nas rúas de Ourense estará centrada nos días 6,7,8 de xullo, e contará coa colaboración loxística e económica por parte do Concello de Ourense, cunha achega de 15 mil euros. Ademais, este ano Corpo(a)terra estenderase ao outro concello da provincia o día 14 de xullo, apoiado por primeira vez pola Deputación de Ourense. Queda aberta tamén a plataforma de  apoio en forma de capital temporal do equipo, artistas amigos, e sobre todo da ciudadanía.
     
    Corpo(a)Terra coordina, ademais, un novo proxecto apoiado pola AGADIC, a Rede Galega de Festivais CompliCIDADES, que levará a danza a todos os recunchos de Galicia.
     
    Toda a información en corpoaterra.com

    Concellería de Cultura
    Concello de Ourense
    2017

     

    Rúa da Canle, 1
           32005 Ourense

     

       988 391 290

    Contacto

     

    Accesibilidade

     

    Permisos

    Cultura nas redes:

     

      Facebook

     

      Twitter

     

      Youtube

    Diseñado y programado por ACV Galaica