- AUDITORIO MUNICIPAL
-
MUSEO MUNICIPAL E OUTROS ESPAZOS EXPOSITIVOS
-
CICLO FESTIVO E FESTIVAIS
-
OUTRAS FESTAS E AUTORIZACIÓNS
-
PREMIOS E SUBVENCIÓNS
Concello de Ourense - Cultura - AUDITORIO MUNICIPAL
O mellor teatro de máscara chega ao Auditorio con Solitudes, que fala, a través do humor, da incomunicación e soidade na familia
Ourense, 22 de marzo de 2017
A compañía vasca Kulunka, especializada en máscara expresiva representará mañá, xoves, ás 20:30 horas a súa última produción “Solitudes”, na sala principal do Auditorio. Esta é unha historia que, a través do humor, afonda na soidade e a incomunicación dos membros dunha familia. O protagonista séntese incomprendido porque, como case todos os anciáns para os que a súa vida é practicamente unha espera, xa só desexa cousas sinxelas. Cousas tan simples, que os demais non chegan a valorar a súa verdadeira importancia.
O extraordinario da historia é que o ancián -contra o que podería esperarse- non se resigna nin renuncia aos seus pequenos desexos e pelexa por eles con determinación e dignidade. Isto, claro, terá as súas consecuencias para el mesmo e para quen o rodea. A obra está protagonizada por Garbiñe Insausti, José Dault e Edu Cárcamo
A compañía Kulunka Teatro créase en en 2010, en Euskadi, por Garbiñe Insausti e José Dault, mozos mais experimentados artistas de longa traxectoria teatral. Nace da inquietude por experimentar con diferentes linguaxes escénicas, sen esquecer a idea de facer un teatro accesible para o público. Un teatro vital, actual, comprometido e conectado coa realidade. En palabras da compañía, “a nosa vontade é descubrir unha linguaxe que trascenda máis alá das palabras. Unha linguaxe capaz de emocionar e divertir”. Para elo, “apoiámonos nun teatro de xesto, no que a máscara actúa coma ponte cara unha poética visual. Elas abren as portas do imaxinario cara un mundo no que todo é posible”.
A súa primeira montaxe “André y Dorine” xirou xa por unha vintena de países en só dous anos.
“Los tres cerditos”, o domingo. O teatro, nestre caso orientado a un público infantil e familiar volverá ao Auditorio o domingo, 26, coa representación de “Los tres cerditos”, de APP Creacións, ás 12:00h, na sala azul.
O conto escénico comeza cun lobo "feroz", encerrado no zoo. Está triste e o seu soño resulta ser un verdadeiro pesadelo. Fai saltar os barrotes da súa gaiola e pronto consegue fuxir...
Está protagonizado por Sabela Amado Rojo e Plamen Dipchikov
The Hole: cabaret, teatro, música e moitas sorpresas
A programación do Auditorio para o mes de marzo rematará cunha cita moi especial con “The Hole”, que se representará desde o 30 de marzo ata o 2 de abril. Espectáculo fresco e descarado; mestura de cabaret, teatro, burlesco, circo, música e humor, nun ton divertido, canalla, provocador e moi sensual. Unha experiencia inigualable, unha gran festa que está poñendo patas para arriba as noites de cada cidade pola que pasa, subindo a temperatura e o ánimo aos seus espectadores.
En THE HOLE seguen dándose cita as mellores e máis sorprendentes actuacións de artistas nacionais e internacionais. Música, suxestivos stripteases, números circenses do mellor nivel realizados por artistas invitados cunha grande traxectoria, e ata unha gran historia de amor.
As entradas para os tres espectáculos pódense adquirir en www.ataquilla.com e na billeteira do Auditorio dúas horas antes da función