- AUDITORIO MUNICIPAL
-
MUSEO MUNICIPAL E OUTROS ESPAZOS EXPOSITIVOS
-
CICLO FESTIVO E FESTIVAIS
-
OUTRAS FESTAS E AUTORIZACIÓNS
-
PREMIOS E SUBVENCIÓNS
As Festas de Ourense descubren o seu cartel con Sweet California
Ourense, 25 de marzo de 2017
As Festas de Ourense 2017 xa teñen a súa primeira confirmación. O trío “Sweet California” actuará no Xardín do Posío para achegar ao público ourensán o mellor do seu repertorio. Está formado por, ata agora, tres álbums que acumulan éxito tras éxito nas listas de vendas, discos de ouro e platino, con máis de 100.00 copias vendidas, que converten a este grupo pop feminino nun dos maiores fenómenos musicais da actualidade no noso país. A cita, enmarcada na xira Ladies´Tour será o día 30 de xuño ás 23:00 horas e as entradas sairán á venda nas vindeiras semanas.
Con esta primeira confirmación, a Concellería de Cultura avanza na formación dun programa de festas que este ano se celebrarán nas últimas datas do mes de xuño, desde o sábado, día 24, ata o sábado, 1 de xullo.
Sonia Gómez. Alba Reig e Tamy Nsue forman na actualidade o trío Sweet California que, en apenas tres anos pasou de ser unha promesa a converterse nunha formación consolidada, moi especialmente entre o público adolescente e xuvenil en España, que abarrota os seus concertos, e que suma con cada vez máis seguidores tamén no estranxeiro.
A súa forte ligazón cos seguidores plásmase de xeito especialmente notorio nas redes sociais. Os vídeo clips e vídeo blogs semanais de Sweet California son unha sensación en YouTube, e converten a banda nunha das youtubers máis potentes do país, con máis de 400.000 subscriptores e 120 millóns de visualizacións en tempo récord. Foron nominadas e gañadoras de premios como o MTV Europe Music Awards, como mellor artista español de 2015, Pemios 40 Principais a artista revelación e videoclip, e Premio Neox á mellor artista, entre outros
Sweet California chegou ao número 1 dos discos máis vendidos no noso páis xa co seu primeiro álbum, “Break of Day” (2014), obtendo un disco de ouro por superar as 20.000 unidades vendidas.
Máis lonxe aínda chegou o seu segundo álbum: “Head for the Stars” (2015), que bateu o récord de 4 semanas no número 1 vendas en España, sumando 52 semanas en listas sen baixar do posto 11. Disco de Platino (que se concede aos que superan as 40.000 copias), suma xa 78 semanas na lista de discos máis vendidos en España, onde segue na actualidade, sendo o álbum que máis semanas acumula en listas, só superado polos últimos traballos de Pablo López e Alejandro Sanz.
“3” é o seu último disco, que saíu en decembro directo ao número 2 en vendas. En só 2 semanas acadou o disco de ouro e xa leva 15 semanas na lista de discos máis vendidos en España (actualmente o número 23). É o traballo que presentan nesta nova·Ladies´ Tour, que os traerá o 30 de xuño á nosa cidade.
www.sweetcaliforniaoficial.com
www.facebook.com/SweetCalifornia3
www.twitter.com/swtcalifornia