• Verán Cultural
  • Tempo
  • Premio Risco
  • Estridencias
  • Apego
  • Máis dun cento de vídeos na recta final de Youtubeir@s

    Ourense, 27 de abril de 2017.

    Este venres 28 de abril é o último día para participar na primeira edición de Youtubeir@s -Concurso de vídeos na Rede. Esta iniciativa pretende fomentar a videocreación en galego na segunda rede social máis empregada do mundo, Youtube, a través de dúas categorías, vídeo-opinarmos e vídeo-facermos. Poden participar tódalas persoas maiores de 14 anos con vídeos de ata cinco minutos de duración. Hai 4.000€ en premios que se repartirán entre as persoas gañadoras nun acto de celebración o venres 26 de maio ás 20.00h no Teatro Principal de Ourense.

     

    Neste momento xa se poden ver na canle de Youtube de Youtubeir@s todo tipo de vídeos. Na categoría de vídeo-facermos hai dende receitas de cociña ata vídeos sobre como quitar os puntos negros do nariz ou como facer pasta de dentes para elefantes. Na categoría de vídeo-opinarmos as persoas participantes falan de temas tan diversos como a praga da couza guatamalteca, o amor na rede ou o deporte adaptado, entre moitos outros. O xurado, composto por Manolo González, María Lado, Manuel N. Singala, María Yáñez e Pablo Lamosa xa comezou o seu traballo de visionado das pezas.

     

    Todo o mundo pode ser youtubeir@ porque tod@s temos algo que contar. Baixo esta premisa e para fomentar o acceso á videocreación, o programa Youtubeir@s impulsou dende decembro a abril máis de 20 obradoiros por toda Galicia impartidos pola produtora creativa Illa Bufarda.

     

    Youtubeir@s é unha iniciativa dos Servizos de Normalización Lingüística dos concellos de Ourense, A Baña, A Coruña, Ames, Carballo, Mazaricos, Pontevedra, Ribadeo, Santiago de Compostela, Teo e O Grove; e tamén das Universidades da Coruña, Santiago de Compostela e Vigo. Toda a

    información sobre o Concurso en www.youtubeiras.gal

     

    Para ampliar información

    www.youtubeiras.gal,

    https://www.facebook.com/youtubeiras/ https://www.youtube.com/youtubeiraseyoutubeiros


    Concellería de Cultura
    Concello de Ourense
    2017

     

    Rúa da Canle, 1
           32005 Ourense

     

       988 391 290

    Contacto

     

    Accesibilidade

     

    Permisos

    Cultura nas redes:

     

      Facebook

     

      Twitter

     

      Youtube

    Diseñado y programado por ACV Galaica