CONTACTO

  • Carpichos espidos
  • os nosos fondos
  • Audi
  • Concello de Ourense - Cultura - AUDITORIO MUNICIPAL

    A adaptación teatral de “Os mortos daquel verán” abrirá mañá a Semana das Letras, en homenaxe a Carlos Casares

    Ourense, 11 de maio de 2017.

    A representación de “Os mortos daquel verán”, abrirá mañá, venres 12 de maio, o programa de actividades organizadas polo Concello de Ourense con motivo da Semana das Letras Galegas, en homenaxe ao escritor ourensán Carlos Casares.

     

    O Auditorio Municipal acollerá ás 20:30horas a estrea da aproximación escénica de Talía Teatro e do Centro Dramático Galego á novela “Os mortos daquel verán”. A aparición do cadáver do boticario Ernesto Vilariño Dacal, morto supostamente en accidente ao comezo da guerra civil, pon en marcha unha investigación xudicial na que unha rica galería de personaxes irá achegando o seu testemuño para intentar esclarecer o caso. A rivalidade entre as forzas progresistas, representadas polo mesmo boticario e un sindicalista ao que se busca en relación co suceso; e as reaccionarias, encabezadas polo propietario da fábrica local e o cura da parroquia, vaise debuxando a través das páxinas do informe do investigador do caso.

     

    A obra está dirixida por Artur Trillo e interpretada por Toño Casais, María Ordóñez, Dani Trillo, Rubén Prieto, Diego Rey, Marta Ríos, Artur Trillo e Xurxo Barcala.

     

    A entrada é gratuíta ata completar aforo

     

    Coa representación teatral comeza un programa de actividades organizadas polo Concello para celebrar as Letras Galegas 2017, que continuará coas seguintes propostas:

     

    • Luns 15, 11.30h - Praza de San Martiño

    Actividade escolar e actuación de Raquel Queizás

     

    • Martes 16, 12h - Salón de Plenos do Concello de Ourense

    Acto institucional en homenaxe a Carlos Casares

    • 13.00h - Xardíns Bispo Cesáreo

    Descuberta da placa - escultura de Xosé Cid.

     

    • 20.30h - Auditorio Municipal.

    Concerto Letras Galegas a cargo da Real Filharmonía de Galicia, organizado polo Consello da Cultura Galega.

     

    • Mércores 17, 11h a 21h - rúa do Paseo

    Postos de venda das librerías ourensás

    • 11.30h - Centro Cultural A. Valente Punto de encontro do Roteiro Carlos Casares

    • 12h - C.C. A. Valente. Actividade infantil: Carlos Casares con maxia e música

    • 13h - rúa do Paseo (á altura C.C. A. Valente) “Cantata e fuga para Carlos Casares”. Actuación musical de Emilio Rúa coas palabras de Carlos Caneiro.

     

    Todas estas actividades súmanse á exposición que agora mesmo se pode visitar na Sala Valente até o 21 de maio Os mundos de Carlos Casares, a exposición central sobre a figura, a obra e o tempo do autor, con máis de 500 pezas intrinsecamente ligadas á súa vida.

     

    Pola súa banda, o Auditorio Municipal acolle ata o día 16 de xuño a exposición realizada por escolares do CEIP José García García Mende co gallo das Letras Galegas 2017. A mostra réndelle homenaxe a Carlos Casares e recolle o traballo realizado por alumnos e alumnas deste centro que ilustraron tres contos da obra “Vento Ferido”, do escritor ourensán. Cada escolar elixiu un momento do libro e elaborou un gravado coa técnica da linografía, facendo a matriz e a edición no obradoiro da aula de plástica.


    Concellería de Cultura
    Concello de Ourense
    2017

     

    Rúa da Canle, 1
           32005 Ourense

     

       988 391 290

    Contacto

     

    Accesibilidade

     

    Permisos

    Cultura nas redes:

     

      Facebook

     

      Twitter

     

      Youtube

    Diseñado y programado por ACV Galaica