CONTACTO

  • Carpichos espidos
  • os nosos fondos
  • Audi
  • As Festas de Ourense amplían a súa programación co Enofestival Ourense 2017, que porá en valor a cultura do viño ao ritmo de Arizona Baby

    Ourense, 13 de maio de 2017

    As Festas de Ourense 2017 amplían a súa programación co Enofestival Ourense 2017, que se celebrará o día 1 de xullo, de 20:30 a 0:30 horas no Bulevar Termal de As Burgas. O certame márcase como obxectivo promocionar a cultura do viño, contando coa presenza de adegas e colleiteiros/as da provincia de Ourense, cun perfil definido: viños auténticos, de “autor”, deses que “namoran” ao consumidor, que priman o respecto ao viñedo e utilizan os métodos máis tradicionais, apoiados nas novas tecnoloxías.
    Para buscar unha “maridaxe” perfecta, festiva e atractiva, a gastronomía estará presente con propostas locais “km 0”. A música será tamén fío condutor do evento, en formato festival, con 3 grupos enmarcados no estilo pop-rock actual.
    Esta terceira edición do Enofestival Ourense volve apostar polo Bulevar Termal de As Burgas, unlugar emblemático da cidade, cun recinto axardinado idóneo para a celebración de eventos de pequeno formato. O elenco musical da edición 2017 sobe enteiros, coa presenza de importantes bandas do panorama nacional.

    MCarballo Band será a representación ourensá. Un grupo consolidado co guitarrista Manuel Carballo como maior referencia. Seguiranlle no escenario The Limboos, un dos grupos máis importantes do Rhythm and Bluesna escena nacional. Banda emerxente, chamada a ocupar un lugar destacado nos vindeiros anos.

    E como colofón, Arizona Baby, banda cun estilo pop-country característico, que triunfa xa en toda España, tras unha sólida traxectoria de 14 anos e 4 discos editados. Formada por Javier Vielba (voz e guitarra), Rubén Marrón (guitarra) e Guillermo Aragón (batería e percusións), músicos que compatibilizan a banda con proxectos en solitario e a colaboración con outro referente como son Los Coronas nun proxecto paralelo: Corizonas.
    A banda de Valladolid, é unha presenza habitual nos mellores festivais pop-rock nacionais, ven darlle un salto de calidade a esta terceira edición del festival.

    Para acompañar a música, estarán presentes 6 bodegas das denominacións de orixe de Ourense, que ofrecerán os seus viños ás persoas asistentes. Tamén haberá unha zona de gastronomía, e venderanse bebidas sen alcol.
    O evento ten aforo limitado, para garantir a comodidade e seguridade dos asistentes. En próximas datas presentarase o cartel oficial da edición 2017, e comezará la venta de entradas, tanto online como en puntos físicos na cidade: 6 euros anticipada (gastos de distribución) e 8 euros na billeteira.

    Citas con Iván Ferreiro e Sweet California
    Esta é a terceira confirmación k musical do programa das Festas de Ourense que organiza o Concello de Ourense, que arrancarán coa actuación de Iván Ferreiro (24 de xuño, 22:30 horas, trala lectura do pregón na Praza Maior) que dará inicio ás Festas, dentro da xira que o artista vigués realiza para presentar as cancións do seu novo álbum, Casa (Warner Music, 2016).
    Outra das citas máis populares será co trío Sweet California, o 30 de xuño no Xardín do Posío. As entradas están xa á venta en ticketea.com(5€ venta anticipada e 7€ en taquilla o día do concerto).

    Autorización para menores
    A día de hoxe xa van 480 entradas vendidas para este concerto, ao que poderán asistir menores de idade, sempre que os seus pais o autoricen. O documento de autorización xa se pode descargar en ticketea, na web ourensecultura.com e na propia billeteira do concerto
    Menores de 0 a 12 anos, poderán acceder adquirindo a entranda, cubrindo o formulario e acompañdos polos pais, nais ou titores/as. Menores de idade de entre 13 e 17 anospoderán acceder adquirindo entrada nas mesmas condicións que as persoas adultas, sen necesidade de ir acompañados/as, pero tamén terán que cubrir e entregar este documento nos accesos ao recinto.

    Sweet Californialeva publicados tes álbums que acumulan éxito tras éxito nas listas de vendas, discos de ouro e platino, con máis de 100.00 copias vendidas, que converten a este grupo pop feminino nun dos maiores fenómenos musicais da actualidade no noso país.

    Concellería de Cultura
    Concello de Ourense
    2017

     

    Rúa da Canle, 1
           32005 Ourense

     

       988 391 290

    Contacto

     

    Accesibilidade

     

    Permisos

    Cultura nas redes:

     

      Facebook

     

      Twitter

     

      Youtube

    Diseñado y programado por ACV Galaica