• Tempo
  • Premio Risco
  • Estridencias
  • Festes Ou
  • Apego
  • Últimos días para presentar propostas ao concurso para elixir o cartel anunciador das Festas de Ourense 2017

    Ourense, maio de 2017. O Concello de Ourense quere lembrar a todas as persoas interesadas que ata o sábado, día 20 de maio, está aberto o prazo para presentar propostas para o concurso para elixir o cartel anunciador das Festas de Ourense 2017.

    O certame está dotado cun premio por importe de 1.000 euros. Repetindo o modelo seguido no pasado ano 2016, o concurso desenvolverase en dúas fases. Un xurado designado polo Concello elixirá 5 carteis, que se exporán ao público para que os propios veciños e veciñas da cidade decidan o gañador, a través dunha votación popular, por vía telemática. As bases do concurso pódense consultar nas webs do Concello e da Concellería de Cultura.

    Os carteis serán representativos e relacionados coas Festas da cidade de Ourense. Poderá concursar toda persoa física ou xurídica, entregando os traballos no Rexistro Xeral do Concello nun sobre, onde figurará “Concurso carteis Festas 2017” e debaixo un pseudónimo ou lema; dentro deste, nun sobre pechado, no que figurará por fóra o mesmo pseudónimo ou lema, os datos de identificación, enderezo e teléfono. Só se abrirá o sobre da obra que resulte premiada.

    Os carteis deberán de incluír obrigatoriamente o seguinte texto: “Festas de Ourense 2017”. A obra deberá ser orixinal e inédita, non debendo ter sido premiada anteriormente nin atoparse pendente da resolución do xurado noutros concursos.

    O xurado valorará o conxunto de propostas presentadas tendo en conta a adecuación á temática, a orixinalidade e a calidade artística. De entre os traballos recibidos, seleccionará 5 para que se expoñan ao público e o gañador sexa elixido mediante votación aberta á cidadanía.


    Concellería de Cultura
    Concello de Ourense
    2017

     

    Rúa da Canle, 1
           32005 Ourense

     

       988 391 290

    Contacto

     

    Accesibilidade

     

    Permisos

    Cultura nas redes:

     

      Facebook

     

      Twitter

     

      Youtube

    Diseñado y programado por ACV Galaica