• Verán Cultural
  • Tempo
  • Premio Risco
  • Estridencias
  • Apego
  • Youtubeir@s entrega os premios aos mellores vídeos en galego do YouTube nunha gala no Teatro Principal

    Ourense, 25 de maio de 2017.

    Este venres 26 de maio ás 20.00h terá lugar no Teatro Principal de Ourense a Entrega de Premios de Youtubeir@s - Concurso de vídeos na Rede. O acto será presentado pola actriz e cómica Iria Pinheiro, contará co monólogo “E non te esquezas da miniatura!” a cargo de Iñaki Quenerapú e coa mestura en directo de tódolos vídeos participantes nesta edición da man da vídeo-DJ Marta Verde.

     

    Neste momento xa se poden ver na canle de Youtube de Youtubeir@s os vídeos finalistas das dúas categorías: vídeo-facermos e vídeo-opinarmos. No acto coñeceranse os nomes das persoas gañadoras que recibirán un trofeo e un premio de 1.000€. Entre os vídeos que optan a este galardón unhas mulleres de San Sadurniño explican como plantar cacahuetes e opinan sobre a praga que está afectando ás patacas, unha moza de Ribeira explica como facer un guiso Anti-San Valentín, un rapaz de Santiago de Compostela mostra como facer un vídeo e unha rapaza de Ourense reflexiona sobre o galego mentres que dende Vimianzo, outra youtubeira debate sobre o seu corpo. Entre os máis de 200 vídeos participantes premiaranse os que destaquen polo seu enxeño e creatividade, pola súa eficiencia comunicativa, pola súa calidade técnica e a súa calidade lingüística. Coñeceranse ás persoas gañadoras con 500€ destas catro mencións honoríficas na Entrega de Premios.

     

    A asistencia é aberta e de balde. Pódense recoller as entradas a partir das 18.00h deste venres na billeteira do Teatro Principal. Youtubeir@s é unha iniciativa dos Servizos de Normalización Lingüística dos concellos da Baña, A Coruña, Ames, Carballo, Mazaricos, Ourense, Pontevedra, Ribadeo, Santiago de Compostela, Teo e O Grove; e tamén das Universidades da Coruña, Santiago de Compostela e Vigo.

     

    Toda a información sobre o Concurso en www.youtubeiras.gal


    Concellería de Cultura
    Concello de Ourense
    2017

     

    Rúa da Canle, 1
           32005 Ourense

     

       988 391 290

    Contacto

     

    Accesibilidade

     

    Permisos

    Cultura nas redes:

     

      Facebook

     

      Twitter

     

      Youtube

    Diseñado y programado por ACV Galaica