• Tempo
  • Premio Risco
  • Estridencias
  • Festes Ou
  • Apego
  • Youtubeir@s xa ten gañadoras

    Un videotitorial de como facer un guiso Anti-San Valentín e un vídeo sobre o conflito da praga da
    couza guatemalteca fanse cos premios desta primeira edición de Youtubeir@s - Concurso de
    vídeos na Rede.
     
    Este venres no Teatro Principal de Ourense tivo lugar a entrega de premios do Concurso de
    vídeos na Rede, Youtubeir@s. No transcurso da noite entregáronse os dous premios principais
    valorados cun trofeo e 1.000€. Tamén se anunciaron as catro mencións honoríficas cun premio de
    500€ cada unha.
     
    No acto, presentado pola actriz Iria Pinheiro, fixéronse innúmeras referencias ao mundo
    youtubeiro e aos seus códigos e predominou a ironía e o humor. Iñaki Quenerapú fixo un
    monólogo sobre a importancia de elixir ben a miniatura estática nos vídeos de YouTube e a Vj
    Marta Verde realizou un espectáculo de mistura cos vídeos participantes en directo. O acto contou
    con máis de 200 persoas entre concursantes e representacións institucionais dos concellos e das
    Universidades promotoras do Concurso.
     
    A deliberación do xurado, entre máis de 200 vídeos presentados, resultou complicada.
    Finalmente, as pezas gañadoras foron, na categoría vídeo-facermos, para “Guiso especial
    Anti-San Valentín” realizado polas youtubeiras de Corasón de Churrasco, e na categoría
    vídeo-opinarmos, o premio foi para “Prohibido plantar patacas: a praga da couza guatemalteca”
    presentado polas youtubeiras de Teño unha horta en San Sadurniño. Estes dous premios foron
    entregados por dous membros do xurado, María Yáñez e Manuel Núñez Singala.
     
    As mencións honoríficas foron entregadas pola Concelleira de Cultura e Normalización Lingüística
    de Ourense, María Belén Iglesias e o Concelleiro de Normalización de Pontevedra, Alberto
    Oubiña. A mención especial polo enxeño e creatividade foi para David Otero Fumega co seu vídeo
    “SmartFol G6! Unha Review moi especial” e o premio que destaca a eficiencia comunicativa foi
    asignado ao videotitorial “Tortilla de Pascua” da youtubeira Isabel Villanueva. A mención de honra
    á calidade técnica recibiuna Miguel Rodríguez González pola súa vídeo-opinión “1000 rpm - A
    noite” e o recoñecemento á calidade lingüística foi para o IES Urbano Lugrís de Malpica pola peza
    colectiva “Seis pasos para falar malpicán”.
     
    Youtubeir@s - Concurso de vídeos na Rede remata a súa primeira edición cunha ampla e variada
    participación. Este concurso é unha iniciativa dos Servizos de Normalización Lingüística dos
    concellos da Baña, A Coruña, Ames, Carballo, Mazaricos, Ourense, Pontevedra, Ribadeo,
    Santiago de Compostela, Teo e O Grove; e tamén das Universidades da Coruña, Santiago de
    Compostela e Vigo. 
     

    PREMIOS YOUTUBEIR@S 2017
     
    CATEGORÍA VÍDEO-FACERMOS
    Guiso especial Anti-San Valentín (abstéñanse delicad@s)
    Laura Pego Crugeiras (Corasón de Churrasco)
    https://www.youtube.com/watch?v=1q92_aKw0Dk
     
    CATEGORÍA VÍDEO-OPINARMOS
     
    Prohibido plantar patacas: a praga da couza guatemalteca
    Carmen Suárez Nieto (Teño unha horta en San Sadurniño)
    https://youtu.be/su9ywxJAcDs
     
    MENCIÓNS DE HONRA YOUTUBEIR@S 2017
     
    Mención honorífica ao enxeño e creatividade

    SmartFol G6! Unha REVIEW moi especial...
    David Otero Fumega
    https://www.youtube.com/watch?v=oHdWcGWLngI
    Mención honorífica á eficiencia comunicativa
    Tortilla de Pascua #ogalegomola
    Isabel Villanueva
    https://www.youtube.com/watch?v=CVOamAIc-kg&ab_channel=OGalegoMola

    Mención honorífica á calidade técnica
     
    1000rpm - Video-Opinarmos - A noite
    Miguel Rodríguez González
    https://youtu.be/2B-c2SfeWQU
     
    Mención honorífica á calidade lingüística
     
    Seis pasos para falar malpicán
    IES Urbano Lugrís de Malpica
    https://youtu.be/0EPwpwGs4z0

    Para ampliar información >
     
    Mónica Fernández Valencia, coordinadora de Youtubeir@s
    normalizacionlinguistica@ourense.es
    Teléfonos:686150696

    www.youtubeiras.gal
    concurso@youtubeiras.gal
    https://www.facebook.com/youtubeiras/
    https://www.youtube.com/youtubeiraseyoutubeiros

    Concellería de Cultura
    Concello de Ourense
    2017

     

    Rúa da Canle, 1
           32005 Ourense

     

       988 391 290

    Contacto

     

    Accesibilidade

     

    Permisos

    Cultura nas redes:

     

      Facebook

     

      Twitter

     

      Youtube

    Diseñado y programado por ACV Galaica