CONTACTO

  • Nadal 2017
  • Axenda
  • EdC
  • Programa infantil
  • Votación para elixir o cartel das festas de Ourense 2017

    Ourense, 30 de maio de 2017.- A falta de menos dun mes para que den comezo as Festas de Ourense, a cidadanía ten a oportunidade de decidir cal vai ser o cartel que encabece a programación de actividades previstas.

     

    O pasado 20 de maio remataba o concurso de carteis para as Festas de Ourense e, tras recibir un total de 16 propostas, o xurado seleccionou 5 dos traballos presentados. Agora, estes carteis elexidos poderanse votar entre mañá mércores e o domingo día 4 de xuño. O que teña máis votos resultará gañador, pasando a ser a imaxe das festas, e recibindo unha dotación de 1.000 euros para o autor ou autora do cartel.

    O xurado valorou o conxunto de propostas presentadas tendo en conta a adecuación á temática, a orixinalidade e a calidade artística. De entre os traballos recibidos, os cinco seleccionados que se exporán ao público e de onde sairá o cartel gañador son os seguintes:

     

    • nº 3, “Ourense no corazón”

    • nº 4, “Dori”

    • nº 8, “Auga, pedra fogos e frores”

    • nº 13, “Ourense vístese de festa”

    • nº 15, “Alegría”

     

     

    O enlace para as votacións é: www.ourensecultura.com/concursos.


    Concellería de Cultura
    Concello de Ourense
    2017

     

    Rúa da Canle, 1
           32005 Ourense

     

       988 391 290

    Contacto

     

    Accesibilidade

     

    Permisos

    Cultura nas redes:

     

      Facebook

     

      Twitter

     

      Youtube

    Diseñado y programado por ACV Galaica