• Verán Cultural
  • Tempo
  • Premio Risco
  • Estridencias
  • Apego
  • As Festas de Ourense concentrarán 21 concertos en nove días

    Ourense, 31 de maio de 2017.-

    Vinteún concertos en nove días. Así poderíamos resumir a programación musical das Festas de Ourense, unha carteleira na que se tratou de conxugar diferentes estilos musicais, artistas e sensibilidades para que todos os gustos poidan ter o seu reflexo no programa.

    Os vinteún concertos programados nos 9 días de Festas de Ourense son todos gratuitos, salvo o de Sweet California. Este grupo punteiro entre o público xuvenil actuará no Xardín do Posío o 30 de xuño e o prezo da entrada é de 5€ en venta anticipada e 7€ en taquilla... un prezo moito máis asequible que noutras capitais, onde os prezos superan os 20 euros de media.

    O resto de concertos serán na Praza Maior e nas prazas de San Martiño e do Ferro.

    Comezando polos da Praza Maior, que serán todos ás 22.30 horas, abrirá as festas o día 24 de xuño, Iván Ferreiro. “Coido que pouco hai que dicir sobre o que fora líder de Los Piratas, a tenor da gran expectación que está a levantar o seu concerto na nosa cidade”, sinalou o alcalde, Jesús Vázquez, quen relatou toda a programación.

    Ao día seguinte (25 de xuño), serán Los Puntos, grupo pop moi célebre dos 70, os encargados de amenizar a noite.

    O día 26 de xuño, La Edad de Oro del Pop Español, sen dúbida unha cita na que moitos corearemos os grandes himnos da música pop deste país.

    A Praza Maior entonará “Un rayo de sol” ao compás de Los Diablos, que serán os cabezas de cartel da xornada do 27 de xuño.

    Ao día seguinte, o 28 de xuño, será unha velada adicada ao rock con The Blind Crows e Burning.

    O xoves 29 de xuño será o turno para Caxade, Orquestrada e Sonoro Maxín, bandas imprescindibles no panorama galego.

    O 30 de xuño. O grupo pop galego Esposa teloneará á banda  indie rock León Benavente.

    E o día 1 de xullo, a música electrónica chegará da man do ourensán Jonathan Míguez Vázquez, máis coñecido como “John Axiom Band” e Carlos Jean.

    Na Praza de San Martiño haberá música tamén a esgalla, sempre ás 20:00 horas: Comezará o 25 de xuño coa Coral de Ruada e a colaboración de Toxos e Froles de Ferrol e Abertal da Rúa.

    Ao día seguinte, concerto e poesía da man de Cinta Adhesiva.

    As versións de grandes éxitos correrán a cargo de Tonichi e Pacheco o día 27.

    As voces de Xestreu amenizarán a Praza de San Martiño o día 28 e, ao día seguinte, tocaralle o turno ao Pop Rock The Shivas.

    O día 30 o flamenco terá o seu protagonismo da man de Diego Pacheco “Mesteño”.

    E, finalmente culminarán estes concertos De Vacas coas súas versións de grandes éxitos, o día 1 de xullo.

     

    O terceiro enclave “musical” das Festas de Ourense será a Praza do Ferro, onde todos os concertos serán ás 21:00 horas. Comezará Bifannah, grupo con integrantes de Reino Unido, Barcelona e Galicia, co seu pop rock o día 28 de xuño.

    Ao día seguinte, será o turno do rock de Tractor Troy.

    O 30 de xuño Pardo fará as delicias dos amantes do pop-rock, mismo estilo de The Wallas, que culminará esta serie de concertos o día 1 de xullo.

    “Tal e como explicou a concelleira de Cultura, Belén Iglesias, hoxe damos o avance do que será a música nas festas. E, por certo, está en marcha o proceso participativo para escoller o cartel das Festas, na páxina web ourensecultura.com, tal e como fixemos o ano pasado para que a imaxe representativa dos nosos festexos sexa o reflexo das preferencias dos ourensáns que voten a golpe de click. Pero haberá moito máis nestes nove días nos que Ourense amosará o mellor de sí para se converter no destino ideal para disfrutar dunhas Festas de rúa e pensadas para toda a familia”, concluiu o alcalde, Jesús Vázquez.


    Concellería de Cultura
    Concello de Ourense
    2017

     

    Rúa da Canle, 1
           32005 Ourense

     

       988 391 290

    Contacto

     

    Accesibilidade

     

    Permisos

    Cultura nas redes:

     

      Facebook

     

      Twitter

     

      Youtube

    Diseñado y programado por ACV Galaica