CONTACTO

  • Letras Galegas 2018
  • Auditorio
  • EdC
  • Concello de Ourense - Cultura - MUSEO MUNICIPAL

    O Museo Municipal acada a plena accesibilidade coa instalación dun ascensor panorámico que conecta os dous andares e a planta principal

    Ourense, 20 de xuño de 2017.-

    O Museo Municipal acada a plena accesibilidade coa instalación dun ascensor panorámico que conecta os dous andares e a planta principal. E, o máis importante, de facelo cunha dotación fundamental: un ascensor panorámico que conecta os dous andares e a planta principal.

    En resumo, o Museo Municipal, logo dun investimento de 58.000 euros, ten plena accesibilidade.

    É preciso lembrar que a planta principal xa estaba adaptada con rampas de acceso, pero faltaba un acceso axeitado aos dous andares superiores do edificio. Coa instalación deste ascensor queda definitivamente subsanada esta eiva.

    É un ascensor panorámico, feito de vidro e adaptado non só ás necesidades dos espazo, senón tamén á súa estética. “Hai que agradecerlle ao equipo redactor do proxecto este bo gusto: o ascensor intégrase, daquela, coma unha figura escultórica máis, facendo unha integración funcional e elegante”, destacou o alcalde, Jesús Vázquez, na visita a esta instalación.

    Aínda máis: este ascensor eléctrico consume moi pouca enerxía, pois aproveita as inercias, e tamén ten un sistema de seguridade a través dun mecanismo de cintas (segundo explicaron os redactores do proxecto) que avisa antes de que se produza a incidencia.

    En calquera caso, unha nova dotación, na liña de seguir traballando e dando pasos para converter Ourense nunha cidade accesible, cómoda e sen barreiras.


    Concellería de Cultura
    Concello de Ourense
    2017

     

    Rúa da Canle, 1
           32005 Ourense

     

       988 391 290

    Contacto

     

    Accesibilidade

     

    Permisos

    Cultura nas redes:

     

      Facebook

     

      Twitter

     

      Youtube

    Diseñado y programado por ACV Galaica