• Verán Cultural
  • Tempo
  • Premio Risco
  • Estridencias
  • Apego
  • As festas de Ourense chegan ao seu ecuador co inicio do Mercado Medieval e a actuación de Sweet California

    Ourense, 28 de xuño de 2017.

    As festas de Ourense chegan ao seu ecuador con grande parte do programa aínda por levar a cabo. Así, desde mañá e até o remate das festas, serán máis de 70 os postos que se instalarán por diferentes emprazamentos do Casco Histórico da cidade dentro do Mercado Medieval, e que encherán de cor, olores e sabores o centro da cidade. Paralelamente, seguiranse desenvolvendo as actividades musicais e de animación, así coma o espazo bebés -ás 11:00 e 18:00 horas nos xardíns do Padre Feijóo-, e irán chegando concertos coma os do Sonoro Maxín, Orquestrada e Caxade na Praza Maior.

    Porén, a cita máis esperada será a da banda Sweet California, este venres ás 23:00 horas no Xardín do Posío. A venda de entradas para o único concerto de pago destas festas -5€ adiantadas e 7€ na billeteira, dúas horas antes do concerto- vai a bo ritmo, e neste momento supéranse as 2.000 entradas vendidas a través da plataforma online ticketea.com. O espazo do concerto ten unha capacidade máxima de 4.500 persoas, un aforo limitado para cumprir os protocolos de seguridade. Os menores de idade que teñan entre 0 e 12 anos, ambos os dous inclusive, poderán acceder ao concerto pagando a entrada correspondente, cubrindo un formulario que está no espazo web de ataquilla ou que se entregará nos accesos ao recinto, e acompañados por unha persoa adulta. Os menores entre 13 e 17 anos adquirirán a súa entrada correspondente e poderán acceder ao recinto nas mesmas condicións que as persoas adultas, sen necesidade de ir acompañados, pero tamén terán que cubrir e entregar este documento nos accesos ao recinto.

     

    Batalla de Flores e Enofestival

    O sábado terá, entre a programación do día, dous fitos moi salientables: a Batalla das Flores, con saída dos baixos da Alameda cara ao Progreso e cun percorrido circular entre Alférez Provisional (na intersección con Xoán XXIII) e a praza de Concepción Arenal. A celebración da batalla provocará cortes de tráfico na arteria principal da cidade, que estarán debidamente sinalizados e haberá Policía Local informando os condutores das alternativas nun e noutro sentido.

    E, ao tempo que comeza a Batalla de Flores, abre as súas portas o Enofestival Ourense 2017, no Bulevar Termal -traseira das Burgas-, no que se fará promoción de viños ourensáns, contando coa presenza de seis adegas e colleiteiros, zona gastronómica mesturada con varias actuacións musicais, con grupos locais e unha formación “cabeza de cartel”, de ámbito estatal. As entradas custan 8€ no recinto, e os menores de 14 anos poden entrar gratis. Pódense mercar en ticketea.com, Trampitán e Peggy records.

    Para máis información sobre as festas, na páxina ourensecultura.com ou no programa oficial.


    Concellería de Cultura
    Concello de Ourense
    2017

     

    Rúa da Canle, 1
           32005 Ourense

     

       988 391 290

    Contacto

     

    Accesibilidade

     

    Permisos

    Cultura nas redes:

     

      Facebook

     

      Twitter

     

      Youtube

    Diseñado y programado por ACV Galaica