CONTACTO

  • Expo La Caixa
  • Programa infantil
  • Concello de Ourense - Cultura - AUDITORIO MUNICIPAL

    Os paraísos perdidos, nova exposición para os meses de setembro e outubro no Auditorio Municipal

    Ourense, 06 de setembro de 2017.

    O Auditorio Municipal presentou esta mañá a súa proposta expositiva para os meses de setembro e outubro. Son "Os paraísos perdidos", da artista Aurora Gómez, unha compilación de 22 lenzos que destacan pola súa delicadeza cromática e que presentan escenas cheas de lirismo froito da súa imaxinación máis creativa. A concelleira de Cultura animou a todos os ourensáns a pasear polo Auditorio para mergullarse de cheo no universo da artista.

     

    "A sensibilidade e o sentir da arte aparecen en cadaquén de xeito diferentes e amosando unhas naturezas de cores moi diferentes", sinalaba Eva Torres, directora de Espazos Expositivos do Concello de Ourense. Dende a súa delicadeza cromática achégase a una pintura naturista de tons suaves e medio formato, amosándonos escenas a medio camiño entre o expresionismo pictórico e un naïf comprometido. A frescura e o lirismo dos lenzos de Aurora remítennos á Francia de finais do século XIX, da man do artista Henri Rosseeau, unha forma de presentarlle ao público a súa realidade máis subxectiva a través da natureza e das composicións pictóricas.

     

    A mostra poderá visitarse no Auditorio Municipal de luns a venres entre as 8:30 e as 14:30 horas, e tamén no horario de apertura para espectáculos. (Acceso ao catálogo en pdf)


    Concellería de Cultura
    Concello de Ourense
    2017

     

    Rúa da Canle, 1
           32005 Ourense

     

       988 391 290

    Contacto

     

    Accesibilidade

     

    Permisos

    Cultura nas redes:

     

      Facebook

     

      Twitter

     

      Youtube

    Diseñado y programado por ACV Galaica