• Expo La Caixa
  • Programa infantil
  • Tempo
  • Estridencias
  • Apego
  • A Praza Maior acolle este domingo o espectáculo Keltia, un repaso musical a 5.000 anos de cultura atlántica

    Ourense, 13 de setembro de 2017.
    A Praza Maior de Ourense será o escenario polo que pasarán, este domingo 17 desde as 20:30 horas -con acceso libre e gratuíto-, 5.000 anos de historia de Cultura Atlántica da man do musical Keltia. 35 actores, 8 músicos sobre o escenario acompañando en directo a representación e un grupo de gaiteiros son os vimbios cos que o musical pechará a súa xira por Galicia, desta vez cunha alusión moi importante á nosa cidade: “As augas termais de Ourense devolveranlle a vida aos galaicos mortos a mans dos romanos”, adiantaba Andrea Pousa, quen se converterá na deusa Eiré durante a representación.
     
    Concello e Deputación de Ourense cooperan para facer posible este espectáculo. “Música en directo, canto, teatro e declamación, danza, lume... elementos ao servizo dunha narración sobre o nacemento da Cultura Atlántica en terras galegas”, resumía o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez. 
    Unha cita cun espectáculo para todos os públicos que está chamado a encher “a praza máis belamente inclinada de España, que é a Praza Maior”, relataba Rosendo Fernández, vicepresidente da Deputación provincial, “logo da celebración do 33 Día da Bici”. Esta colaboración institucional fai posible, segundo a concelleira de Cultura, Belén Iglesias, “que Ourense sexa un escaparate da Cultura” 
    O espectáculo non se cinguirá exclusivamente ao escenario da Praza Maior. Haberá tropas romanas desfilando pola cidade nos momentos previos a Keltia, recreando acontecementos que ocorreron no ano 60 a.C. Na batalla do Monte Medulio. A fin última deste espectáculo é conxugar lecer e cultura a través dunha calidade escénica, poesía artística, e música tradicional fusionada con outros recursos expresionistas presentes e vivos na chamada cultura atlántica. 
     
    (*) Interveñen, por esta orde: Belén Iglesias, concelleira de Cultura; Jesús Vázquez, alcalde de Ourense; Andrea Pousa e Quique Queiman, actores e produtores; e Rosendo Fernández, vicepresidente da Deputación.

    Concellería de Cultura
    Concello de Ourense
    2017

     

    Rúa da Canle, 1
           32005 Ourense

     

       988 391 290

    Contacto

     

    Accesibilidade

     

    Permisos

    Cultura nas redes:

     

      Facebook

     

      Twitter

     

      Youtube

    Diseñado y programado por ACV Galaica