- AUDITORIO MUNICIPAL
-
MUSEO MUNICIPAL E OUTROS ESPAZOS EXPOSITIVOS
-
CICLO FESTIVO E FESTIVAIS
-
OUTRAS FESTAS E AUTORIZACIÓNS
-
PREMIOS E SUBVENCIÓNS
Concello de Ourense - Cultura - AUDITORIO MUNICIPAL
Programación Xeral do Auditorio Municipal para os vindeiros meses
Ourense, setembro de 2017.-
Esta mañá presentouse a Programación Xeral do Auditorio Municipal para os meses de setembro até decembro de 2017.
Trátase do ciclo principal, que acolle xunto ás actividades infantís - que comezaron a principios deste mes -, actividades para o público xeral. En total maís de cincuenta espectáculos que coma sempre combinas diversas artes escénicas e música dando como resultado unha oferta ampla e diversa.
Nestas primeiras semanas cobrarán especial relevancia, o Festival Internacional de Teatro de Ourense – FITO – ou o Festival de Cine Internacional de Ourense – OUFF – que teñen ao Auditorio como sede principal das actividades. Xunto con éstes tamén cabe subliñar a presentación do novo traballo do músico ourensán Daniel Minimalia – 28 de outubro -, ou o concerto de Mark Eitzel Band, dentro do ciclo American Autumn.