CONTACTO

  • Carpichos espidos
  • os nosos fondos
  • Audi
  • O Concello convoca un concurso para elixir os carteis das próximas festividades dos Samaín e Magostos, con premios por 1.400 euros

    Ourense, setembro de 2017

    O Concello de Ourense convoca un concurso para elixir os carteis anunciadores de dúas das próximas citas do calendario festivo local: o Samáin – Festa de Todos os Santos, que se celebrará o día 31 de outubro, e os Magostos, festa de interese turístico, que se desenvolverá o día 11 de novembro. O concurso está dotado con premios por importe de 600 e 800 euros, respectivamente, e pretende estimular a participación de profesionais do deseño que desexen presentar as súas propostas para anunciar estas celebracións emblemáticas do outono na cidade.

    Os traballos serán entregados no Rexistro Xeral do Concello nun sobre onde figurará “Concurso carteis Samaín e Magosto 2017” e debaixo un pseudónimo ou lema. O prazo está aberto ata o día 13 de outubro.

    As bases pódense consultar integramente no seguinte enlace.

    Os carteis deberán de incluír os textos: Samaín: “Martes, 31 de outubro de 2017” e Magostos: “Sábado, 11 de novembro de 2017, Ourense. Festa de interese turístico”. Os orixinais terán que ser inéditos e presentaranse gravados en alta resolución en CD en formato editable e impresos e pegados sobre cartón pluma de 50x70 cm. (vertical).

    O cartel elixido será utilizado tamén como imaxe gráfica integrante dos anuncios na prensa escrita, carteis, mobiliario urbano publicitario, e outros elementos divulgativos que editará o Concello de Ourense para promocionar o programa de actividades desta festa


    Concellería de Cultura
    Concello de Ourense
    2017

     

    Rúa da Canle, 1
           32005 Ourense

     

       988 391 290

    Contacto

     

    Accesibilidade

     

    Permisos

    Cultura nas redes:

     

      Facebook

     

      Twitter

     

      Youtube

    Diseñado y programado por ACV Galaica