CONTACTO

  • OUFF
  • Expo La Caixa
  • Programa infantil
  • O Concello convoca un concurso que premiará os mellores disfraces individuais e de grupo que participen no Entroido de Verán

    Ourense, outubro de 2017

    O vindeiro día 14 de outubro terá lugar a celebración do Entroido de Verán na cidade de Ourense. Coa finalidade de animar a persoas e grupos a participar nesta actividade, a Concellaría de Cultura, en colaboración coa Asociación Cultural Praza do Correxidor convocan un concurso de disfraces dotado con 1.425 euros en premios. As persoas interesadas poden inscribirse ata o día 9 de outubro, presencialmente ou a travñes de correo electrónico.

    Poderán participar grupos, parellas, e tamén persoas a título individual, que desexen acudir ao desfile, que sairá ás 21;30 horas da Praza Maior, e percorrerá a rúa Lamas Carvajal, Praza de Santa Eufemia, rúa da Paz, praza do Ferro, rúa dos Fornos, para rematar na praza do Correxidor. A entrega de premios será á 01:00h nesta última praza.

    Un xurado formado por 5 integrantes elixirá a gañadores e gañadoras tendo en conta a orixinalidade, a chispa diante do público, o vestiario, a maquillaxe, a caracterización e a creatividade.

    Haberá premios nas categorías:

    - Individual: Primeiro 150€, Segundo 100€, Terceiro 50€ e 5 accesits de 30€

    - Parellas: Primeiro 150€, Segundo 100€ e Terceiro 50€

    - Grupos (máis de 4 persoas): Primeiro 300€, Segundo 200€ e Terceiro 100€

    - Especial á mellor foto colgada no Facebook “Entroido de verán en Ourense”: 75€

    A inscrición realizarase na Concellaría de Cultura, sita na rúa da Canle 2 (Auditorio Municipal) en horario de atención ao público (09:00 a 14:30 horas), ou a través do correo electrónico cultura@ourense.es, ata o día 9 de outubro ás 13,00h.

     

    Bases completas.


    Concellería de Cultura
    Concello de Ourense
    2017

     

    Rúa da Canle, 1
           32005 Ourense

     

       988 391 290

    Contacto

     

    Accesibilidade

     

    Permisos

    Cultura nas redes:

     

      Facebook

     

      Twitter

     

      Youtube

    Diseñado y programado por ACV Galaica