CONTACTO

  • OUFF
  • Expo La Caixa
  • Programa infantil
  • Ourense acolle a gravación histórica dun disco coa gran diva da ópera internacional, Cristina Gallardo

    Ourense, outubro de 2017.-
     
    Ourense acolle desde esta tarde a gravación histórica dun disco coa gran diva da ópera internacional, Cristina Gallardo. Este proxecto está auspiciado polo Concello de Ourense e conta coa colaboración de Abanca.
     
    Baixo o título “Puentes de amor”, o  repertorio afonda na máis pura expresividade e emoción dos poetas e compositores máis relevantes, incluíndo por suposto poesía galega. Ao piano estará Juan Durán,  un dos compositores galegos máis importantes do século XXI en calidade de pianista e creador, Juan Durán.
     
    Esta mañá foi presentado este proxecto cultural rigoroso e de calidade, que se gravará no Conservatorio baixo a supervisión de Antonio Cid, que é o responsable das gravacións da Orquesta Sinfónica de Galicia baixo o selo RDC. A gravación terá lugar no Conservatorio de Ourense.
     
    “Ourense sempre é un plan perfecto. Pero no plano cultural, o outono é a época de maior eclosión desta cidade, cuxo potencial florece e deslumbra con iniciativas sorprendentes que nos sitúan como referentes indiscutibles de toda Galicia e, atreveríame a aventurar, que de toda a Península. E dentro deste marco compráceme e enorgulléceme  inmensamente estar acompañado hoxe por unha das grandes divas da Ópera a nivel internacional”, recalcou o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez. 
     
    De feito, Cristina Gallardo agradeceu ao alcalde a súa sensibilidade cultural e salientou o enorme potencial da cidade de Ourense neste eido. 
     
    Cristina Gallardo Domas é unha das sopranos máis recoñecidas no mundo. As súas versións da Boheme e Madame Butterfly son únicas, consideradas como interpretacións de referencia. É unha diva no mellor dos significados, cunha traxectoria que a levou a deslumbrar ao público presente nos mellores palacios da ópera e teatros do mundo: A Scala de Milán, o Metropolitan de Nova York, o Convent Garden de Londres, a Ópera Estatal de Viena, a Fenice de Venecia, Paris, Roma, Berlín, Munich, Colonia, Madrid, Barcelona, Sao Paulo, Mexico...
     
    E aquí e agora, Cristina Gallardo Domas escribe un novo capítulo na súa traxectoria profesional facendo historia en Ourense: protagonizará a gravación dun CD, no que baixo o título Pontes de Amor, Gallardo e Durán realizarán unha viaxe emocional a través da música e poesía de compositores como Federico Longas, Federico García Lorca, Eduardo Toldrá, Anton García Abril e o propio Juan Durán. O seguinte bloque de obras cínguese a autores como George Gershwin, Camille Saint-Saëns e George Bizet. 
     
    O repertorio afonda na máis pura expresividade e emoción dos poetas e compositores máis relevantes, incluíndo por suposto poesía galega.
     
    “Tanto o concerto como a gravación do CD impulsan a Ourense como a unha envexable cidade cun auténtico proxecto cultural, rigoroso e de calidade.  O nome da nosa cidade soará nos máis importantes foros operísticos do mundo e a voz de Cristina Gallardo, xunto ao piano de Juan Durán, interpretarán a banda sonora perfecta para unha cidade, Ourense, encantada de acoller un proxecto de semellante envergadura e calidade”, dixo o alcalde.
     
    Jesús Vázquez rematou recalcando que “Ourense é un plan perfecto cultural durante a nosa época dourada: o outono. Comezamos co Piano Meeting que marabillou ao público deste escenario ao aire libre que foi Ourense durante 10 horas. Continuamos co Enclave de Cámara, festival de referencia musical. Continuamos co Festival Internacional de Teatro, que ata o día 15 deleitaranos co mellor do panorama teatral internacional. En poucos días acenderemos os focos do Festival de Cine Internacional, que alcanzará a súa vixésimo segunda edición. E culminaremos o outono co Ciclo de Lírica, do que falaremos próximamente e no que as sorpresas e a calidade estarán, créanme, totalmente garantidas”.

    Concellería de Cultura
    Concello de Ourense
    2017

     

    Rúa da Canle, 1
           32005 Ourense

     

       988 391 290

    Contacto

     

    Accesibilidade

     

    Permisos

    Cultura nas redes:

     

      Facebook

     

      Twitter

     

      Youtube

    Diseñado y programado por ACV Galaica