CONTACTO

  • Carpichos espidos
  • os nosos fondos
  • Audi
  • Concello de Ourense - Cultura - MUSEO MUNICIPAL

    O Museo Municipal acolle a exposición Xoguetes de Cine, de obxectos baseados en antigos xoguetes cinematográficos

    Ourense, outubro de 2018.- XOGUETES DE CINE, é unha exposición que consiste en reelaboracións de obxectos baseados en antigos xoguetes cinematográficos do século XIX, reformulados con tecnoloxía actual polo experto en efectos especiais arxentino Federico Ransenberg. Estará ubicada no Museo Municipal de Ourense dende o 19 ata o 27 de outubro.
     
    Antes da creación do cinema moderno existiron moitos inventos que experimentaron co movemento e a visión para crear ilusións baseándose no fenómeno da persistencia retiniana. A mostra Xoguetes de cine, de Federico Ransenberg, está integrada por obxectos baseados nalgúns daqueles xoguetes cinematográficos do século XIX, reformulados con tecnoloxía actual. En concreto, trátase de zootropos e fontes máxicas elaborados de forma que permiten o visionado simultáneo a múltiples espectadores en visión de 360º, a diferenza do habitual nos xoguetes orixinais, que funcionaban de xeito individual.
     
    Federico Ransenberg é unha figura destacada a nivel mundial dentro do mundo dos efectos especiais físicos, coñecido especialmente polo seu traballo en filmes arxentinos e españois (Relatos salvajes, Cien años de perdón, Tesis sobre un homicidio) pero tamén en superproducións como El perfume: historia de un asesino.
     

    Concellería de Cultura
    Concello de Ourense
    2017

     

    Rúa da Canle, 1
           32005 Ourense

     

       988 391 290

    Contacto

     

    Accesibilidade

     

    Permisos

    Cultura nas redes:

     

      Facebook

     

      Twitter

     

      Youtube

    Diseñado y programado por ACV Galaica