CONTACTO

  • Expo La Caixa
  • Programa infantil
  • O cartel do Samaín 17, obra do deseñador gráfico castellonense Juan Diego Ingelmo

    Ourense, Outubro de 2017.

    A festa do Samaín 2017, que se celebrará o vindeiro 31 de outubro nas prazas da nosa cidade, xa ten cartel. É obra de Juan Diego Ingelmo, deseñador gráfico afincado en Burriana (Castellón), cuxa proposta resultou a gañadora de entre as 19 presentadas na Concellería de Cultura.

    O xurado, composto por representantes das artes gráficas e persoal municipal de diferentes áreas, destacou a calidade das propostas presentadas, máis que en anos anteriores, salientando unha variedade de estilos creativos e artísticos. No caso da 'proposta de Juan Diego Ingelmo, destacouse o carácter lúdico do cartel e a súa conexión co programa de actividades para os máis cativos dentro da programación da Concellería de Cultura.

    O cartel elixido será utilizado tamén como imaxe gráfica integrante dos anuncios na prensa escrita, carteis, mobiliario urbano publicitario, e outros elementos divulgativos que editará o Concello de Ourense para promocionar o programa de actividades desta festa.

    O mércores 25 desvelaranse, en rolda de prensa, todas as novidades da programación do Samaín 2017.

    Concellería de Cultura
    Concello de Ourense
    2017

     

    Rúa da Canle, 1
           32005 Ourense

     

       988 391 290

    Contacto

     

    Accesibilidade

     

    Permisos

    Cultura nas redes:

     

      Facebook

     

      Twitter

     

      Youtube

    Diseñado y programado por ACV Galaica