CONTACTO

  • Expo La Caixa
  • Programa infantil
  • Ourense celebra o Samaín con 800 cabazas, obradoiros e un desfile polas rúas da Zona Vella da Cidade

    Ourense, 27 de outubro de 2017.
     
    A tradicional festa de fin do verán, o Samaín, celébrase en Ourense o martes 31 de outubro cun programa repleto de actividades para todos os públicos, pero especialmente dirixidas á cativada. “Pechamos un mes de outubro repleto de actividades culturais, pero desta vez levamos a cultura á rúa”, afirmaba Belén Iglesias, concelleira de Cultura. 800 cabazas (un cento máis que en 2016), obradoiros e un desfile polas rúas do Casco Vello da cidade son os ingredientes desta festa que os escolares xa traballan durante toda a semana nas aulas.
     
    As actividades comezarán ás 17:00 horas co taller de baleirado de cabazas, e continuarán por diferentes emprazamentos da zona antiga (con actividades creativas coma maquillaxe e caracterización, chapas e, como novidade, un obradoiro de rítmica, percusión e beatbox) ata que dea comezo o desfile, con remate na Praza Maior.
     
    A previsión de participación é moi alta, en palabras da técnica de Cultura, María Díaz: “Para iso montaremos un escenario de grande formato na Praza Maior no que actuará o grupo portugués Crassh Stage!!!, que traballa con instrumentos realizados con material recliclado”.
     
    17.00 h Taller de Baleirado de cabazas. Lugar: Praza Saco e Arce
    17.30 h Obradoiro de rítmica, percusión e beatbox. Lugar: Praza da Imprenta
    17.30 h Taller de maquillaxe. Lugar: Praza Manuel Sueiro
    17.30 h Taller de caracterización con feridas espeluznantes. Lugar: Praza Manuel Sueiro
    17.30 h Taller de creación de chapas. Lugar: Praza Manuel Sueiro
    19.00 h Desfile de Cabazas. Percorrido:praza da Imprenta, rúa Colón, rúa Padilla, praza San Marcial, rúa Primavera, Hernán Cortés, praza do Trigo, praza Das Damas e Praza Maior.
    19.30 h: Ao rematar baile e festa na Praza Maior con Crassh Stage!!!

    Concellería de Cultura
    Concello de Ourense
    2017

     

    Rúa da Canle, 1
           32005 Ourense

     

       988 391 290

    Contacto

     

    Accesibilidade

     

    Permisos

    Cultura nas redes:

     

      Facebook

     

      Twitter

     

      Youtube

    Diseñado y programado por ACV Galaica