CONTACTO

  • Expo La Caixa
  • Programa infantil
  • Concerto do Dúo LEONARD ELSCHENBROICH E ALEXEI GRYNYUK. V Ciclo de Música de Cámara Enclave de Cámara

    Ourense, outubro de 2017.- Dous artistas internacionais darán continuidade á V tempada do Enclave de Cámara. O pianista Alexei Grynyuk e o violonchelista Leonard Elschenbroich actuarán xuntos no Teatro Principal de Ourense o xoves 2 de novembro.
     
    Aclamados coma os principais solistas da súa xeración, Leonard Elschenbroich (Alemaña) e Alexei Grynyuk (Ucraína) actúan coma dúo dende a tempada 2009/10, cando se coñeceron sendo estudantes de música en Londres.
     
    Tras actuacións conxuntas recentes por Inglaterra con concertos para os London BBC Proms, así coma concertos coa Sociedade Filharmónica de Bremen, no Concertgebow de Ámsterdam, no Wigmore Hall ou na Frick Collection de Nova York e extensas xiras por América Latina e Australia, chegan a Ourense cun programa no que teñen cabida obras de Beethoven, Prokófiev e Stravinsky. 
     
    Permítenlle ao público, deste xeito, comparar os discursos musicais do romanticismo, aínda vencellado á forma clásica no caso de Beethoven a comezos do século XIX, con propostas neo-clásicas –xa do século XX– que orientaron autores coma Strauss, Stravinsky ou Prokófiev tras teren creado pezas fundamentais para a renovación da linguaxe musical.
     
    O concerto, que xuntará no escenario do Teatro Principal a dous dos principais músicos de cámara europeos, será o xoves 2 de novembro ás 20:30 h.
     
    LEONARD ELSCHENBROICH / BIO 
    Aos dez anos recibiu unha bolsa de estudos para a súa formación musical na Yehudi Menuhin School de Londres e pronto se converteu nun dos violonchelistas máis carismáticos da súa xeración, recibindo importantes premios internacionais coma o Leonard Bernstein Award, o Eugene Istomin Prize e o Borletti Buitoni Trust Award. 
     
    Entre 2013 e 2016 foi o primeiro artista en residencia da Sociedade Filharmónica de Bremen e coma solista presentouse xunto a grandes orquestras (A Filharmónica de Londres, a Royal Philharmonic, a Konzerthaus Orchester Berlin, a Filharmónica de Bos Aires, a Orquestra Sinfónica de Chicago, entre outras) e foi dirixido por afamados directores. En 2012 co-fundou e foi o mentor artístico da Orquestra Filharmónica de Bolivia.
     
    ALEXEI GRYNYUK / BIO 
    Pianista ucraíno de absoluto e transcendental virtuosismo, o seu interese pola música xurdiu de neno e acadaría o seu desenvolvemento artístico no Conservatorio de Kiev primeiro e posteriormente na Real Academia de Música de Londres.
    Aos trece anos comezaron as súas presentacións xunto a orquestras de Ucraína con concertos para piano de F. Chopin e Mozart. Daquela época é o primeiro premio na última competencia de piano da URSS, en Moscova.
    Aclamado pola crítica internacional, Grynyuk tamén recibiu ao longo da súa carreira numerosos premios, como o Primeiro Premio na Competencia Internacional de Piano Vladimir Horowitz e a Competencia Internacional de Piano de Shanghai. 

     
    PROGRAMA DO CONCERTO
    I Parte
    - Igor Stravinsky (1882-1971) | Suite Italienne (18’) 
    I Introduzione. Allegro moderato
    II Serenata. Larghetto
    III Tarantella. Vivace
    IV Gavotta con due variazioni 
    V Scherzino. Presto alla breve
    VI Minuetto e finale
    - Ludwig van Beethoven (1770-1827) | Sonata para violonchelo e piano n.º 3 en La maior. Op. 69. (25’) 
    I Allegro ma non tanto
    II Scherzo. Allegro molto
    III Adagio cantabile - Allegro vivace
     
    II Parte
    - Ludwig van Beethoven (1770-1827) | Sonata para violonchelo e piano n.º 4 en Do maior. Op. 102. (14’) 
    I Andante - Allegro vivace 
    II Adagio - Tempo d' Andante - Allegro vivace 
    - Serguéi Prokófiev (1891 – 1954) | Sonata para violonchelo en Do maior Op. 119 (25’) 
    I Andante grave
    II Moderato
    III Allegro, ma non troppo
     
    LIGAZÓNS DE INTERESE
    http://www.leonard-elschenbroich.com/en/
    http://grynyuk.com/#home
    https://www.youtube.com/watch?v=nuXXPRY41bc
     
    MÁIS INFORMACIÓN
    Máis información con todas as novidades do ciclo en www.enclavedecamara.com, facebook e twitter.
    Entradas online á venda en www.ataquilla.com e na billeteira do teatro dende dúas horas antes do concerto.
    O Enclave de Cámara está organizado polo Concello de Ourense e conta coa colaboración da Deputación Provincial de Ourense, do Teatro Principal e da Corporación Radio e Televisión de Galicia.
     
    CONTACTO
    Roberto Conde | Comunicación Enclave de Cámara
    610 98 78 09 | info@enclavedecamara.com

    Concellería de Cultura
    Concello de Ourense
    2017

     

    Rúa da Canle, 1
           32005 Ourense

     

       988 391 290

    Contacto

     

    Accesibilidade

     

    Permisos

    Cultura nas redes:

     

      Facebook

     

      Twitter

     

      Youtube

    Diseñado y programado por ACV Galaica