CONTACTO

  • Carpichos espidos
  • os nosos fondos
  • Audi
  • Juan Diego Ingelmo, gañador do Concurso do Cartel para o Magosto 2017

    Ourense, novembro de 2017.
     
    O castellonense Juan Diego Ingelmo, autor do cartel do Samaín, repite premio no Concurso para o Cartel de Magosto -11 de novembro-, festa de interese turístico, convocado pola Concellería de Cultura. A súa proposta, elixida por unanimidade dos membros do xurado entre os 14 traballos recibidos, presenta unha escena tradicional da festa na que figuran todos os elementos “imprescindibles”, en función do veredicto do xurado, leva o premio de 800 euros cos que estaba dotado o concurso.

    O xurado, composto pola concelleira de Cultura, dous técnico da Concellería de Cultura (un deles actuando como secretario), dous representantes do campo do deseño, a comunicación e as artes e un técnico do gabinete de prensa do Concello de Ourense, quere salientar a calidade artística da proposta, o seu carácter lúdico e familiar para unha festa tan propia da nosa cidade, así coma “os pequenos detalles que conforman o cartel”.

    O Concello de Ourense presentará hoxe luns, ás 11:00 horas, en rolda de prensa, a programación do Magosto 2017.

    Concellería de Cultura
    Concello de Ourense
    2017

     

    Rúa da Canle, 1
           32005 Ourense

     

       988 391 290

    Contacto

     

    Accesibilidade

     

    Permisos

    Cultura nas redes:

     

      Facebook

     

      Twitter

     

      Youtube

    Diseñado y programado por ACV Galaica