CONTACTO

  • Natal
  • Ndal
  • Ciclo Lírico
  • EdC
  • Auditorio
  • O XVII premio Risco de Creación Literaria recae na obra A simetría das bestas, do autor Alberto Ramos

    Ourense, novembro 2017. 
     
    O Concello de Ourense e a Fundación Vicente Risco veñen de outorgar, o pasado venres, o Premio 'Risco' de Creación Literaria a Alberto Ramos, pola súa obra 'A simetría das bestas'. O premio para a obra gañadora é de 6.000 euros en metálico ademais da publicación de 150 exemplares. 
     
    O xurado, reunido no Liceo desde as 18:00 horas, deliberou entre as 16 obras presentadas, estivo composto por: Belén Iglesias Cortés, concelleira de Cultura, exercendo como presidenta; David González Domínguez, vogal (representando á editorial Urco); Benigno Yáñez Pérez, vogal (gañador da edición anterior); Constantino Pazos Sobrino, vogal (profesor de Ensino Secundario); Antonio González Blanco, vogal (profesor de Ensino Secundario); Ánxela Gracián ,vogal (escritora e crítica literaria); e Mónica Fernández Valencia, técnica do Servizo de Normalización Lingüística, actuando como secretaria.
     
    Alberto Ramos, xornalista compostelán, xa gañara o Premio Risco en 2012 coa súa obra “Todos os días”. Na edición deste ano, gañou por maioría cunha obra de corte filosófico, onde concede un espazo de dignidade aos outros, aos diferentes, aos marxinados. O xurado destaca o seu simbolismo e moi bo manexo dos recursos narrativos, así como personaxes moi ben construídas dadas esas discusións filosóficas.
     
    O concurso, que cumpre a súa décimo sétima edición, homenaxea un dos referentes da Xeración Nós, don Vicente Martínez-Risco,e tamén o seu fillo, Antón Martínez-Risco Fernández, ambos veciños de Ourense, e ten no seu palmarés nomes coma os de Xosé Carlos Caneiro, Xosé Luís Martínez Pereiro, Hixinio Puentes ou Xosé Vázquez Pintor.
     

    Concellería de Cultura
    Concello de Ourense
    2017

     

    Rúa da Canle, 1
           32005 Ourense

     

       988 391 290

    Contacto

     

    Accesibilidade

     

    Permisos

    Cultura nas redes:

     

      Facebook

     

      Twitter

     

      Youtube

    Diseñado y programado por ACV Galaica