- AUDITORIO MUNICIPAL
-
MUSEO MUNICIPAL E OUTROS ESPAZOS EXPOSITIVOS
-
CICLO FESTIVO E FESTIVAIS
-
OUTRAS FESTAS E AUTORIZACIÓNS
-
PREMIOS E SUBVENCIÓNS
Presentado o concerto da soprano Cristina Gallardo e o pianista Juan Durán, que inauguran o Ciclo Lírico de Outono
Ourense, 21 de novembro de 2017.-
O concerto inaugural do Ciclo de Lírica, será este venres 24 de novembro ás 20:30 horas, no Teatro Principal. Na presentación desta mañá, participaron o alcalde, Jesús Vázquez, a concelleira de Cultura, Belén Iglesias; a soprano Cristina Gallardo-Domas e o pianista e compositor Juan Durán.
O festival abrirase coa gran diva internacional da ópera Cristina Gallardo Domas o vindeiro 24 de novembro, que estará acompañada ao piano por Juan Durán, un dos mellores compositores galegos da actualidade, e xuntos amosarán “Puentes de Amor”, os temas que compoñen o disco que grabaron o mes pasado na nosa cidade.
O 1 de decembro, a mezzosoprano Sandra Ferrández e o barítono Javier Fernández darán un concerto con Rubén Fernández Aguirre ao piano. Unha semana despois, o 8 de decembro, o concerto de clausura correrá a cargo da soprano vallisoletana María Rodríguez e da pianista Margarita Viso Soto.
Todos os concertos serán ás 20:30 horas no Teatro Principal e o custe das entradas oscilará entre os 5 e os 8 euros.
O Ciclo de Lírica, posto en marcha polo Concello de Ourense, alcanza este ano a súa segunda edición. Realízase coa inestimable colaboración da Deputación Provincial de Ourense e ABanca.
Programa do Ciclo Lírico de Outono.