CONTACTO

  • Nadal 2017
  • Axenda
  • EdC
  • Programa infantil
  • Concello de Ourense - Cultura - AUDITORIO MUNICIPAL

    Premios do Certame de Creación de Dúos e Solos - SóLODOS EN DANZA / Ourense / 2017

    Ourense, 25 de novembro de 2017.-
     
    Na noite de onte, o Auditorio Municipal acolleu a segunda edición na cidade de Ourense do FESTIVAL INTERNACIONAL DE DANZA CONTEMPORÁNEA foron entregados os seguintes premios do CERTAME DE CREACIÓN DE DÚOS e SOLOS :
     
    PREMIO SÓLODOS EN DANZA: Alba Fernández Cotelo por ON
    PREMIO DO PÚBLICO: Alba Fernández Cotelo por ON
    PREMIO XOVE: Arnau Pérez por I'm not a kid anymore

    Os premios:
     
    Os 400 estudantes dos diferentes Institutos da cidade que acudiron a ver as diferentes coreografías entregaron o PREMIO XOVE. Premio Xove é unha iniciativa, para que o público escolar seleccione unha coreografía que se presenta no Festival e sexa galardoada co premio do público máis novo.
    Os cidadáns que acudironn ao Certame puideron seleccionar unha obra de danza que foi premiada co galardón Premio do Público "Nós Tamén", a través dunha acción participativa dirixida polo coreógrafo e bailarín Mikel Arístegui.
    Durante o Certame Internacional de Dúos e Solos de danza contemporánea un xurado internacional seleccionou unha obra de danza para realizar unha xira por latinoamérica durante a primavera do 2018. Xurado Certame Sólodos 2017:
    Natividad Buil • Festival Trayectos Zaragoza e Red A Cielo Abierto / Rede de Festivais de España.
    Víctor López Carbajales • Xerente do Patronato Municipal de Artes Escénicas e da Imaxe de Zaragoza 
    Victoria P. Miranda • Coreógrafa e bailarina
    Erick Jiménez • Codirector Sólodos En Danza 
    Maruxa Salas • Codirectora Sólodos En Danza.  

    Artistas Finalistas do Certame: Alejandra Balboa, Arnau Pérez, Anna Sagrera, Helena Gispert, Diego M. Buceta, Irene García, Raquel Santacruz e Alba Fernández.
     
    O Festival SÓLODOS EN DANZA é unha ponte de cooperación cultural entre dous continentes, América e Europa. Bailaríns e coreógrafos do mundo visitan a cidade de Ourense para disfrutar, compartir e bailar co público ourensán.  Artistas de toda España, internacionais e locais presentaron os seus traballos entre o 22 e o 24 de novembro 2017 no Auditorio Municipal de Ourense, onde puidemos disfrutar de marabillosas coreografías creadas e interpretadas por novos talentos. 
     
    Nos acompañaron nesta edición:
     
    Artistas Convidados:
    Victoria P. Miranda • Bilbao
    Chey Jurado • Badajoz
    Paula Quintas • Ourense
    Laura Lliteras e Marina Fullana • UnaiUna • Palma de Mallorca
    Mikel Arístegui • Berlín / País Vasco
    Miguel Ángel Punzano • Tejido Conectivo • Madrid / Alicante
    Héctor Plaza • Valladolid 
    Agnés Sales • Barcelona
    Profesionais da danza:
    Natividad Buill • Festival Trayectos Zaragoza e Red A Cielo Abierto / Rede de Festivais de España.
    Adrián Figueroa • Director da Compañía Nacional de Danza de Costa Rica 
    Víctor López Carbajales • Xerente do Patronato Municipal de Artes Escénicas e da Imaxe de Zaragoza 
    Marta Crecente • Técnico de Actividades Culturais e Didácticas do Centro de Danza de Zaragoza
     
    A PLATAFORMA CULTURAL SóLODOS traballa para a difusión da danza e as artes do movemento. Os seus proxectos promoven a danza como ferramenta social e desenvolvemento cultural,  xenerando espazos de colaboración entre proxectos culturais, creando iniciativas que permiten o intercambio de coñecemento entre institucións públicas e privadas, centros de ensinanza escénica, artistas, público e a sociedade en xeral.
     

    Concellería de Cultura
    Concello de Ourense
    2017

     

    Rúa da Canle, 1
           32005 Ourense

     

       988 391 290

    Contacto

     

    Accesibilidade

     

    Permisos

    Cultura nas redes:

     

      Facebook

     

      Twitter

     

      Youtube

    Diseñado y programado por ACV Galaica