CONTACTO

  • Nadal 2017
  • Axenda
  • EdC
  • Programa infantil
  • A sala Valente acolle este xoves a charla Toponimízate para coñecer a orixe dos nomes da nosa terra

    Ourense, 28 de novembro de 2017.
    Toponimízate. Falámosche dos nomes da túa terra. Organizada en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística, o filólogo Vicente Feijoo, especialista en toponimia e membro do Seminario de Onomástica da Real Academia Galega, falará dun xeito moi próximo e ameno de toponimia galega: os motivos da abundancia de nomes de lugar no país, a toponimia galega como patrimonio inmaterial... pero tamén da propia de cada concello.
    Así, saberemos o significado dos nomes das parroquias e das aldeas; como consultar a toponimia xeorreferenciada de cada municipio no Buscador de topónimos; ou as utilidades desta ferramenta... Ademais, Feijóo mostrará unha aplicación que lle permitirá á veciñanza colaborar para rexistrar e subir á rede tanto os microtopónimos (nomes de leiras, camiños, fontes, penedos...) como as lendas a eles asociadas, de xeito que todos e todas poidan colaborar na salvagarda deste patrimonio inmaterial.

    Concellería de Cultura
    Concello de Ourense
    2017

     

    Rúa da Canle, 1
           32005 Ourense

     

       988 391 290

    Contacto

     

    Accesibilidade

     

    Permisos

    Cultura nas redes:

     

      Facebook

     

      Twitter

     

      Youtube

    Diseñado y programado por ACV Galaica