CONTACTO

  • prem risco
  • Verán cultural
  • Premio poesía
  • Auditorio
  • EdC
  • Concello de Ourense - Cultura - AUDITORIO MUNICIPAL

    A Mostra de Teatro Infantil de Ourense (MOTI) chega á súa 14ª edición fomentando o encontro de adultos e crianzas a través da escena

    Ourense, 18 de decembro de 2017.

    O Liceo de Ourense acolleu, esta mañá, a presentación da 14ª edición da Mostra de Teatro Infantil (MOTI), que do 23 ao 30 de decembro estreará 14 espectáculos de danza, monicreques, teatro de sombras, teatro de autor e de rúa. Convertido xa nun dos clásicos da programación cultural desta cidade, quere facer canteira no ámbito das artes escénicas e “traballar a prol da cultura e a prol da infancia”, en palabras do alcalde de Ourense, Jesús Vázquez. “Dificilmente se me ocorren dous asuntos máis importantes: non en van este Concello está poñendo moito énfase nos últimos anos en facerlle a vida máis doada aos pais e nais desta cidade”, dixo.

    Durante unha semana, a MOTI ofrécenos catorce espectáculos (e 16 representacións) dirixidos aos máis pequenos da casa en catro espazos diferentes: Campus universitario, Teatro Principal, Auditorio de Ourense e na rúa. A praza de San Martiño será, precisamente, o escenario da apertura desta edición, coa representación de EMOTIonario, da compañía ourensá Trécola teatro. Será a partir das 18 horas con asistencia libre e gratuíta. Malia que a maior parte das compañías proveñen de Galicia, tamén haberá producións de Castela, Catalunya, Andalucía e Arxentina, dándolle á MOTI un carácter internacional.

    Virxilio Rodríguez, vicerreitor do Campus de Ourense, destacou a capacidade das actividades escénicas que se desenvolven en Ourense (Miteu, Fito, Moti) á hora de crear audiencias críticas e, sobre todo, canteira de teatro. Pola súa banda, Olga Mojón, directora do Teatro principal, eloxiou a calidade escénica das propostas que se poderán ver no céntrico espazo da rúa da Paz.

    Fernando Dacosta, de Sarabela Teatro, director da MOTI, salientou na súa comparecencia o tempo para a mocidade: “Temos que dedicarlle tempo ás crianzas, elas tamén merecen o dereito cidadán á Cultura e á Educación”. Na súa opinión, “existe unha variedade de xéneros e estilos na programación”, pero sobre todo un interese manifesto de “retornar á infancia”, en clara alusión á conciliación do tempo que os adultos pasan coas crianzas.

    Venda de entradas. As entradas, entre 3 e 5 euros, pódense reservar en cada un dos espazos para os espectáculos desde o primeiro até o último día. As billeteiras abrirán dúas horas antes de cada representación.


    Concellería de Cultura
    Concello de Ourense
    2017

     

    Rúa da Canle, 1
           32005 Ourense

     

       988 391 290

    Contacto

     

    Accesibilidade

     

    Permisos

    Cultura nas redes:

     

      Facebook

     

      Twitter

     

      Youtube

    Diseñado y programado por ACV Galaica