CONTACTO

  • Concurso de Carteis de Entroido
  • Axenda
  • EdC
  • Máis de 250 persoas participarán na Cabalgata de Reis, que sairá ás 18:15h desde a estación de tren ambientada nos planetas e no sistema solar

    Ourense, 3 de xaneiro de 2018
    Máis de 250 persoas acompañarán ás Súas Maxestades Os Reis Magos este venres, 5 de xaneiro, no seu percorrido pola cidade de Ourense. Os Reis Magos chegarán un chisco antes das 18h á Estación de tren Ourense -  Empalme. Unha vez alí, subirán as carrozas que os levarán polas rúas da cidade até a Praza Maior. Estarán acompañados por unha comitiva de máis de 250 persoas, entre persoal de organización, figuración, produción, etc.
     
    A temática xeral ensinará os planetas e o sistema solar, que estarán inflados de helio, continuando coa campaña levada este ano na actividade de Animación á lectura do Concello de Ourense.
     
    Este ano, o Concello reafírmase na aposta pola seguridade co valado perimetral por primeira vez en zonas como a Praza de Concepción Arenal, a rotonda de San Rosendo (Progreso con Concordia e Xoán XXIII) ou a zona da Alameda.
     
    Tras saudar á veciñanza congregada na estación, a Cabalgata dos Reis Magos sairá en torno ás 18:15 horas da estación de tren para realizar o percorrido tradicional na cidade pola Avenida das Caldas, Ponte Vella, rúa Progreso, rúa Doutor Marañón para rematar na Praza Maior.
     
    O paso da Cabalgata requirirá realizar os necesarios cortes de tráfico previos nas rúas adxacentes, polo que o Concello solicita a condutores e condutoras que desculpen as molestias e utilicen itinerarios alternativos.
     
    Fogos artificiais
    A tirada de fogos artificiais será ás 21:00 horas na ribeira do Miño.

    Concellería de Cultura
    Concello de Ourense
    2017

     

    Rúa da Canle, 1
           32005 Ourense

     

       988 391 290

    Contacto

     

    Accesibilidade

     

    Permisos

    Cultura nas redes:

     

      Facebook

     

      Twitter

     

      Youtube

    Diseñado y programado por ACV Galaica