- AUDITORIO MUNICIPAL
-
MUSEO MUNICIPAL E OUTROS ESPAZOS EXPOSITIVOS
-
CICLO FESTIVO E FESTIVAIS
-
OUTRAS FESTAS E AUTORIZACIÓNS
-
PREMIOS E SUBVENCIÓNS
CONCERTO DO QUINTETO DE SOLISTAS DA ORQUESTRA SINFÓNICA DE GALICIA
O Enclave de Cámara mantén a súa aposta por unha oferta permanente e de calidade de música clásica en Ourense e inicia o 2018 coa actuación no Teatro Principal do quinteto de vento formado polos frauta, óboe, clarinete, fagot e trompa principais da Orquestra Sinfónica de Galicia.
O grupo, formado en 2001 por catro músicos americanos e un valenciano con traxectorias internacionais recoñecidas, combina á perfección a mentalidade europea e americana coa fin de producir música con estrutura, personalidade, profundidade e expresividade.
O Quinteto intégrano Claudia Walker, frautista principal da OSG desde 1992 ademais de reforzo convidada durante anos da Filharmónica de Nova York; Casey Hill, óboe principal quen traballou con prestixiosos directores como Zdenek Macal, Hugo Wolf, Edo de Waart ou Michael Tilson Thomas; Juan Antonio Ferrer Cerveró, clarinetista incorporado á OSG en 1995 e membro dos grupos de cámara Trío Untia, Siglo XX e Paganini Ensemble; Steve Harris Wangler, fagot solista formado con Stephen Maxym en Juilliard School e máis tarde con Bernard Garfield en Temple University e David Bushnell, actual solista de trompa da OSG e anteriormente da New World Symphony Orchestra, The Florida Orchestra e outras.
Variado será tamén o repertorio que teñen preparado: comezarán cun divertimento composto por Mozart precisamente cando os instrumentos de vento adquiren unha maior importancia na música orquestral ao adaptárense ás necesidades dos compositores para sumalos á corda e continuarán, mantendo a orde cronolóxica, con obras de Reicha, Rossini e Carl August Nielsen.
PROGRAMA DO CONCERTO
I Parte
-Wolfang Amadeus Mozart (1756-1791) | Divertimento en Si bemol Maior K.240 (11’)
I Allegro
II Menuetto
III Poco Andante-Gracioso
IV Finale - Allegretto
-Anton Reicha (1770-1836) | Quinteto nº 2 en Mi bemol maior Op. 88 (15’)
I Lento. Allegro moderato
II Menuetto: Allegro
III Poco Andante – Grazioso
IV Finale: Allegretto
- Gioachino Rossini (1792-1868) | O barbeiro de Sevilla (arranxo Lanckelman) (7’)
Obertura
II Parte
-Carl August Nielsen (1865-1931) | Quinteto de Vento en La maior Op. 43 (25’)
I Allegro ben moderato
II Menuet
III Praeludium. Adagio – Tema con variazioni
LIGAZÓNS DE INTERESE
http://www.sinfonicadegalicia.com/
https://www.facebook.com/sinfonicadegalicia
MÁIS INFORMACIÓN
Máis información con todas as novidades do ciclo en www.enclavedecamara.com, facebook e twitter.
Entradas online á venda en www.ataquilla.com e na billeteira do teatro dende dúas horas antes do concerto.
O Enclave de Cámara está organizado polo Concello de Ourense e conta coa colaboración da Deputación Provincial de Ourense, do Teatro Principal e da Corporación Radio e Televisión de Galicia.
CONTACTO
Roberto Conde | Comunicación Enclave de Cámara
610 98 78 09 | info@enclavedecamara.com