CONTACTO

  • Concurso de Carteis de Entroido
  • Axenda
  • EdC
  • Últimos días para entregar propostas para o cartel do Entroido 2018, concurso dotado cun premio de 800 euros

    Ourense, 8 de xaneiro de 2018.
    O Concello de Ourense convoca un concurso para elixir o cartel anunciador das Festas do Entroido de Ourense 2018. Ate pasado mañá, mércores, 10 de xaneiro é posible presentar propostas para anunciar esta celebración emblemática do ciclo festivo ourensán, que este ano terá as súas datas centrais entre o 8 e o 13 de febreiro. A persoa autora do cartel elixido recibirá un premio de 800 euros.
     
    Poderá concursar toda persoa física ou xurídica. Os traballos serán entregados a través do Rexistro Xeral do Concello nun sobre, onde figurará “Concurso carteis Entroido 2018” e debaixo un pseudónimo ou lema. 
     
    As bases pódense consultar integramente na web da Concellería de Cultura www.ourensecultura.com. Os carteis deberán de incluír o texto: “Ourense, Capital do Entroido”. As obras deberán ser inéditas e orixinais.
     
    O cartel elixido será utilizado tamén como imaxe gráfica integrante dos anuncios na prensa escrita, carteis, mobiliario urbano publicitario, e outros elementos divulgativos que editará o Concello para promocionar o programa de actividades desta festa. 

    [Enlace ás bases]
     
    O xurado valorará o conxunto de creatividades tendo en conta a adecuación á temática, a orixinalidade e a calidade artística. O fallo farase público por comunicado oficial aos medios de comunicación e nas páxinas web do Concello e da Concellería de Cultura.

    Concellería de Cultura
    Concello de Ourense
    2017

     

    Rúa da Canle, 1
           32005 Ourense

     

       988 391 290

    Contacto

     

    Accesibilidade

     

    Permisos

    Cultura nas redes:

     

      Facebook

     

      Twitter

     

      Youtube

    Diseñado y programado por ACV Galaica