CONTACTO

  • Enofest
  • Premio poesía
  • festas
  • Premio Risco de Creación Literaria
  • Auditorio
  • EdC
  • Premiados e participantes pechan, no salón de plenos, o 22 Concurso de Beléns Públicos do Concello de Ourense

    Ourense, 22 de decembro de 2017.
     
    Gañadores e premiados do Concurso de Beléns Públicos do Concello de Ourense pecharon hoxe a vixésimo segunda edición no salón de plenos coa entrega dos diplomas acreditativos. No acto participaron o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, e a concelleira de Cultura, Belén Iglesias.
     
    Logo de valorar materiais empregados, efectos de luz, auga e outras creacións, e tendo en conta o seu valor artístico, histórico e relixioso, primando beléns que sexan de nova elaboración sobre os fixos nun espazo, ou aos que simplemente se lle engadan escenas, elementos decorativos ou se redistribúan os elementos utilizados en anos anteriores... os gañadores foron os seguintes:
     
    Na categoría Entidades, o primeiro premio foi para a Residencia San José (400 €), e a Fundación San Rosendo – Nsa. Sra. Da Esperanza acadou o segundo (300€). Na categoría Familiares, Nerea Barxa Corral levou o primeiro premio (300€) e América Vázquez Barreiro o segundo (200€). Entre os Escolares, o de Divina Pastora – Franciscanas foi merecedor do primeiro premio (300€), e Carnenal Cisneros do segundo (200€). O premio á Orixinalidade recaeu no Colexio Carmelitas (300€).
     
    Os beléns puideron visitarse nos seus emprazamentos orixinais.

    Concellería de Cultura
    Concello de Ourense
    2017

     

    Rúa da Canle, 1
           32005 Ourense

     

       988 391 290

    Contacto

     

    Accesibilidade

     

    Permisos

    Cultura nas redes:

     

      Facebook

     

      Twitter

     

      Youtube

    Diseñado y programado por ACV Galaica