- AUDITORIO MUNICIPAL
-
MUSEO MUNICIPAL E OUTROS ESPAZOS EXPOSITIVOS
-
CICLO FESTIVO E FESTIVAIS
-
OUTRAS FESTAS E AUTORIZACIÓNS
-
PREMIOS E SUBVENCIÓNS
Cartel dos Maios 2018
Ourense, abril de 2018.-
Enlace ás bases completas.
O Concello de Ourense convoca un concurso para elixir o cartel anunciador da próxima Festa dos Maios 2018. A Xunta de Goberno Local do pasado xoves aprobou as bases e a convocatoria do certame, que está dotado cun premio de 800 euros para o autor ou a autora da obra gañadora. O prazo de presentación de propostas estará aberto ate o día 21 de abril.
O concurso está convocado desde a Concellería de Cultura co obxectivo de fomentar a participación nas actividades que forman o ciclo festivo da cidade,. Está aberto á participación de toda persoa física ou xurídica, que deberán presentar traballos representantivos e relacionados coa festividade dos Maios na cidade de Ourense. Ademais, deberán incluír obrigatoriamente o texto "Maios, Festa de interese turístico". Posteriormente, un xurado formado por representantes dos servizos técnicos municipais e persoas do mundo da arte elixirán o cartel gañador.
Os traballos deberanse presentar a través do Rexistro Xeral do Concello. As persoas interesadas poden consultar as bases na páxina web da Concellería de Cultura www.ourensecultura.com.
Enlace ás bases completas.