- AUDITORIO MUNICIPAL
-
MUSEO MUNICIPAL E OUTROS ESPAZOS EXPOSITIVOS
-
CICLO FESTIVO E FESTIVAIS
-
OUTRAS FESTAS E AUTORIZACIÓNS
-
PREMIOS E SUBVENCIÓNS
A ourensá Mayka Gómez ilustra a festa dos Maios, declarada de interese turístico, co cartel Maia bona dea
Ourense, 27 de abril de 2018.
A deseñadora ourensá Mayka Gómez Ruiz gañou, con Maia bona dea -na mitoloxía romana, a deusa da fertilidade-, o concurso de carteis para ilustrar a festa dos Maios, dotado con 800€ de premio en metálico. O xurado, composto por cinco integrantes (dous deseñadores gráficos, dous técnicos da área de Cultura e un da de Comunicación) elixiu por unanimidade a proposta gañadora de entre os 20 traballos presentados a concurso.
Salientou o xurado o soporte elixido para a presentación, un debuxo a man sen emprego de medios dixitais, pero tamén a reivindicación da coroa como elemento artístico e representativo dos Maios en Ourense, a figura feminina e que rompese coa liña dos traballos presentados nos últimos anos.
Porén, o xurado quere facer unha mención especial ao traballo artístico e á execución plástica de moitos dos traballos presentados para esta convocatoria, pois presentáronse propostas de moita calidade artística.