- AUDITORIO MUNICIPAL
-
MUSEO MUNICIPAL E OUTROS ESPAZOS EXPOSITIVOS
-
CICLO FESTIVO E FESTIVAIS
-
OUTRAS FESTAS E AUTORIZACIÓNS
-
PREMIOS E SUBVENCIÓNS
A análise por parte dos técnicos municipais das bases do Concurso de Carteis dos Maios conclúe que o cartel gañador é unha “interpretación creativa” e, polo tanto, un traballo inédito amparado pola lexislación vixente
Ourense, 28 de abril de 2018.-
A deseñadora Mayka Gómez Ruiz gañou, con Maia bona dea -na mitoloxía romana, a deusa da fertilidade-, o concurso de carteis para ilustrar a festa dos Maios, dotado con 800€ de premio en metálico. O xurado, composto por cinco integrantes (dous deseñadores gráficos independientes, dous técnicos da área de Cultura e un da de Comunicación) elixiu por unanimidade a proposta gañadora de entre os 20 traballos presentados a concurso.
Técnicos municipais analizaron de xeito pormenorizado, desde a tarde de onte, as bases do concurso despois de ter coñecemento de que a imaxe gañadora tiña un gran parecido cunha obra de 2009 dunha ilustradora norteamericana. Logo desa análise, os técnicos municipais concluíron que o cartel gañador é unha “interpretación creativa” e, polo tanto, un traballo inédito amparado pola lexislación vixente.
A figura da “interpretación creativa” consiste en utilizar unha imaxe xa existente (e moitas veces icónica, como por exemplo A Gioconda ou As Meninas) para adaptala ao contexto de dita interpretación. Neste caso, esa adaptación veu da man da coroa como elemento artístico e representativo dos Maios en Ourense. Tanto por esta adaptación, como por tratarse dun debuxo a man sen emprego de medios dixitais, está garantido o carácter inédito da obra, que é o criterio básico do concurso de carteis convocado neste ano.
Non obstante, desde a Concellería de Cultura anúnciase que os criterios fixados nas vindeiras bases que regulen concursos de carteis serán máis estrictos co fin de garantir e blindar a absoluta orixinalidade dos traballos que concurran.