CONTACTO

  • prem risco
  • Verán cultural
  • Premio poesía
  • Auditorio
  • EdC
  • Concello de Ourense - Cultura - AUDITORIO MUNICIPAL

    A obra teatral “A Leituga” e o musical “Fantasía coas palabras”, protagonizan esta semana as actividades do Auditorio Municipal

    Ourense, maio de 2018.
     
    O Auditorio municipal de Ourense acollerá esta semana unha variada programación que aposta polo teatro para adultos e o musical, e que ofrece a  posibilidade de visitar as obras que participaron na Exposición Bienal de Pintura do Eixo Atlántico, que estará aberta até finais do mes de maio. As entradas para as dúas citas programadas pódense adquirir en www.ataquilla.com.
     
    A programación de actividades comezará o xoves, ás 20,30 horas, coa representación da obra teatral “A Leituga”, que aborda en clave de humor o conflito familiar que se produce nunha familia ante a proximidade da morte dos seus membros de maior idade.
     
    Trátase dunha montaxe dirixida por Víctor Duplá e que contará cun elenco de luxo con actores da talla de Antonio Durán “Morris”, Mercedes Castro, María Vázquez, Xosé Barato e Federico Pérez.
     
    As entradas terán un prezo de 5 euros e poderanse mercar na web ataquilla.com.
     
    O domingo, 27 de maio, ás 12,00 horas terá lugar a representación da obra “Fantasía coas palabras” , un espectáculo musical que corre parello á edición dun disco do mesmo nome editado por Sonárboré na primavera de 2017. O espectáculo conta con música en directo e acción teatral a cargo de María Faltri, Jorge Juncal e Juansy Santomé. A duración da obra é de 60 minutos. Entradas en www.ataquilla.com, dende tres euros.
     
    Por outra banda o vestíbulo do Auditorio acollerá até finais de maio a exposición da Bienal de Pintura do Eixo Atlántico, resultado do concurso que cada dous anos organiza o Eixo e que percorre os principais puntos da eurorrexión Galicia-Norte de Portugal.
     

    Concellería de Cultura
    Concello de Ourense
    2017

     

    Rúa da Canle, 1
           32005 Ourense

     

       988 391 290

    Contacto

     

    Accesibilidade

     

    Permisos

    Cultura nas redes:

     

      Facebook

     

      Twitter

     

      Youtube

    Diseñado y programado por ACV Galaica