CONTACTO

  • prem risco
  • Verán cultural
  • Premio poesía
  • Auditorio
  • EdC
  • O Concello abre o proceso de selección de provedores para a edición e distribución de materiais informativos das festas de Ourense 2018

    Ourense, maio de 2018.
     
    A Concellería de Cultura do Concello de Ourense vén de abrir o proceso de selección de provedores para a edición e distribución de materiais informativos das Festas de Ourense 2018. Esta chamada realízase coa fin de cumprir os requisitos de publicidade, concorrencia, transparencia, igualdade e non discriminación para a recepción de ofertas. O departamento de Cultura resolverá en atención á oferta que considere máis vantaxosa para a difusión pública das actividades das Festas, admitíndose as melloras que a oferta establece. O prazo límite de recepción será o mércores 6 de xuño.
     
    A empresa ofertante deberá encargarse do deseño, impresión e distribución e/ou colocación de 700 carteis de 68 x 48 cm; 15.000 programas de man; 15 carteis formato mupi; 400 tarxetas para acreditacións, plastificadas e perforadas; outras 400 cintas para colgar ditas acreditacións; 2 lonas para substituír en rollers; así como 4 lonas grandes e 3 pequenas para colgar nos escenarios.
     
    A empresa que resulte adxudicataria, terá que realizar estes traballos sen custe algún para o Concello de Ourense. Ademais terá que depositar na conta do Concello a cantidade de 1.000 €, a modo de fianza, no suposto de que resulte adxudicataria, cantidade que será reintegrada unha vez recibidos os materiais. 
     
    A retribución para a empresa adxudicataria do contrato virá mediante a inserción de publicidade na revista, incluíndo o programa das festas, que a empresa poderá editar empregando o logo do Concello de Ourense, e cuxo contido deberá recibir o visto e prace da Concellería de Cultura. Tamén poderá inserir publicidade na contraportada do programa de man.
     
    As propostas poderán ser remitidas nas dependencias da Concellería de Cultura, na Rúa da Canle, 2, 32004 de Ourense dentro do prazo máximo indicado. Neste último caso, remitirase á empresa acuse de recibo no día seguinte hábil á recepción. 

    Concellería de Cultura
    Concello de Ourense
    2017

     

    Rúa da Canle, 1
           32005 Ourense

     

       988 391 290

    Contacto

     

    Accesibilidade

     

    Permisos

    Cultura nas redes:

     

      Facebook

     

      Twitter

     

      Youtube

    Diseñado y programado por ACV Galaica