- AUDITORIO MUNICIPAL
-
MUSEO MUNICIPAL E OUTROS ESPAZOS EXPOSITIVOS
-
CICLO FESTIVO E FESTIVAIS
-
OUTRAS FESTAS E AUTORIZACIÓNS
-
PREMIOS E SUBVENCIÓNS
O Enclave de Cámara pecha a súa quinta edición este xoves co concerto do pianista Nikolai Lugansky
Ourense, 3 de xuño de 2018.
Programa do concerto:
Prélude | Menuet | Clair de lune | Passepied
Fréderic Chopin (1810 – 1849) | Barcarolle en FA sostido maior Op. 60 (9′)
Fréderic Chopin (1810 – 1849) | Ballade no. 4 en FA menor Op. 52 (11′)
Serguéi Rajmáninov (1873 – 1943) | Preludes Op. 32 1, 2, 3, 4, 5, 12, 13
Entradas online á venda en www.ataquilla.com e na billeteira do teatro dende dúas horas antes do concerto.
O Enclave de Cámara está organizado polo Concello de Ourense e conta coa colaboración da Deputación Provincial de Ourense, do Teatro Principal e da Corporación Radio e Televisión de Galicia.
O Enclave de Cámara pecha a súa quinta edición co agardado concerto de Nikolai Lugansky, un dos pianistas máis distinguidos a nivel internacional. Un intérprete excepcional, intenso, sensible, versátil e cun repertorio que en Ourense incluirá obras de Debussy, Chopin e Rachmaninov.
Os seus traballos regulares con directores de alto nivel como Osmo Vänskä ou Yuri Temirkanov, os seus recitais de cámara en festivais coma o de Edimburgo ou La Roque d’Anthéron e as súas actuacións coa Orquestra Nacional de Rusia, a Filharmónica de Hong Kong ou as sinfónicas de Londres e Baltimore, concedéronlle o aplauso de público e crítica nos últimos anos.
Nado en Moscova en 1972 e formado no Conservatorio Superior P. I. Tchaikovsky baixo a dirección de T. Nikolaeva e S. Dorensky iniciou a súa carreira a unha idade moi temperá. Con 16 anos comezou a destacar en concursos internacionais de piano coma o VII Concurso Internacional J. S. Bach de Leipzig ou o Concurso S. Rajmáninov.
Coa súa extensa discografía, Nikolai Lugansky gañou varios premios: o seu recital CD coas Sonatas para piano de Rajmáninov gañou o Diapason d’Or e un premio ECHO Klassik, mentres que a súa gravación dos concertos de Grieg e Prokofiev con Kent Nagano e a Orquestra Sinfónica de Berlín, foi un Gramophone Editor’s Choice.
Lugansky foi galardoado coa honra de Artista Popular de Rusia, en abril de 2013.

- I Parte (38′)
Prélude | Menuet | Clair de lune | Passepied
Fréderic Chopin (1810 – 1849) | Barcarolle en FA sostido maior Op. 60 (9′)
Fréderic Chopin (1810 – 1849) | Ballade no. 4 en FA menor Op. 52 (11′)
- II Parte (45′)