CONTACTO

  • #FestasOurense
  • Enofest
  • Premio poesía
  • Premio Risco de Creación Literaria
  • Auditorio
  • EdC
  • Unha selección dos mellores viños do Ribeiro e tres prestixiosos grupos musicais daranse a man nas Burgas no Enofestival de 2018

    Ourense, xuño de 2018
     
    Gastronomía e música daranse a man o vindeiro día 30 de xuño nas Burgas, no marco do Enofestival 2018, dentro da programación das Festas de Ourense. Esta mañá tivo lugar a presentación do certame, que contará coa participación dos grupos Cooper, Anaut e Mad Mission, cuxa música combinarase coa degustación dos viños de Adegas Celme, Grupo Reboreda Morgadío, Cunqueiro, Vilerma, Eduardo Bravo e Pablo Vidal, e 2 postos de comida con propostas “gourmet”. Enfoestvial 2018 é un evento “no que apostamos pola cultura próxima e viva, e poñemos en valor o noso patrimonio, nun lugar emblemático da cidade como son as Burgas”, sinalou a concelleira de Cultura, Belén Iglesias.
     
    O promotor do proxecto, Rubén Amorín salientou a calidade dos grupos participantes, e a subliñou a boa acollida que está a ter o festival entre o público e as adegas e colleiteiros, xa que unha vintena se interesaron en participar, seleccionándose entre elas as 6 que finalmente estarán presentes. Os viños que se degustarán son “unha mostra absolutamente representativa do que se está a facer hoxe no Ribeiro”, asegurou o presidente da Denominación de Orixe Juan Manuel Casares, quen valorou a implicación do Concello en “espallar cultura en manifestacións como a música e o viño”, e apostou por este tipo de maridaxes: “Ourense ten que vender viño e o viño ten que vender Ourense”. 
     
    As persoas interesadas poden obter máis información na web www.enofestivalourense.com. As entradas xa están á venda na páxina web Ticketea, no bar Trampitán e na tenda Peggy Records (10 euros na billeteira e 8 en anticipada)
     
    En canto aos grupos, Cooper, cabeza de cartel, suma xa máis de 15 anos de prestixiosa traxectoria musical, con Álex Díez á cabeza, probablemente a personaxe máis representativa da escena mod nacional, líder de Los Flechazos, e autor de cancións que forman parte da historia do pop español. Presentarán novo disco: "Tiempo, Temperatura, Agitación".
     
     
    ANAUT é unha banda madrileña ten editado xa tres álbumes (o último en 2018, "Hello there"), cun cóctel de influencias de soul, r&b, folk e rock, que o converten nun grupo de referencia a nivel nacional.
     
     
    Completa o cartel os ourensáns MAD MISSION, cuarteto nacido a finais de 2014 cunha proposta de funk rock elegante con enérxicas voces soul, listos para ofrecer un vibrante espectáculo con ritmos impetuosos.
     
     
     
    Enviamos tamén o cartel, obra do deseñador ourensán Miguel Chaler.

    Concellería de Cultura
    Concello de Ourense
    2017

     

    Rúa da Canle, 1
           32005 Ourense

     

       988 391 290

    Contacto

     

    Accesibilidade

     

    Permisos

    Cultura nas redes:

     

      Facebook

     

      Twitter

     

      Youtube

    Diseñado y programado por ACV Galaica