CONTACTO

  • Carpichos espidos
  • os nosos fondos
  • Audi
  • Seguridad Social, Sidonie e o concerto Sons da Auria completan a programación musical das festas de Ourense

    Ourense, 09 dexuño de 2018.
     
    O Concello de Ourense vén de completar o programa das Festas de Ourense 2018 coa incorporación das bandas musicais que actuarán durante a semana na Praza Maior. Así, Seguridad Social estará o luns 25; o mércores 27 haberá un espectáculo, Sons da Auria, coa participación de Silvia Alonso, Daniel Minimalia e Emilio Rúa. O venres 29 tocará Sidonie, que contará cos ourensáns Best Life como teloneiros. Todas estas actuacións serán gratuítas e a entrada terá aforo limitado. 
     
    A maiores, xa están á venda as entradas para os concertos de Rosendo Mercado, ao que teloneará o grupo ourensán Mitocondrias, e de DVICIO, a través da plataforma de venda online ataquilla.com.
     
    Festa Paint Party
    Por outra banda, a Concellería de Cultura vén de confirmar a celebración do Festa Paint Party, un festival de DJ´s e pintura para todos os públicos, especialmente público familiar, dirixido por Chito DJ e un recoñecido animador. O espectáculo celebrarase en dúas sesións: de 12.00 a 14.00 horas, e con carácter gratuíto, o Midgnigth Paint Party Kids. Desde as 15.00 horas até as 23.00 horas, o Midgnigth Paint Party: Unha festa que percorreu medio mundo e agora chega a Ourense con artistas como Luka Caro, Groove Amigos, The Prieto brothers, ou BLVCDR.
     
    O prezo das entradas será de 5 € para as 1.000 primeiras que se vendan, 8 € para as 500 seguintes, e 12 € as restantes, máis gastos de xestión. Poderanse adquirir a través do espazo web www.woutick.es.
     

    Concellería de Cultura
    Concello de Ourense
    2017

     

    Rúa da Canle, 1
           32005 Ourense

     

       988 391 290

    Contacto

     

    Accesibilidade

     

    Permisos

    Cultura nas redes:

     

      Facebook

     

      Twitter

     

      Youtube

    Diseñado y programado por ACV Galaica