- AUDITORIO MUNICIPAL
-
MUSEO MUNICIPAL E OUTROS ESPAZOS EXPOSITIVOS
-
CICLO FESTIVO E FESTIVAIS
-
OUTRAS FESTAS E AUTORIZACIÓNS
-
PREMIOS E SUBVENCIÓNS
Danza no Claustro celebra a súa sexta edición no complexo de San Francisco os días 20, 21 e 22 de xuño
Ourense, 18 de xuño de 2018.
A compañía internacional de Danza SóLODOS e a Concellaría de Cultura presentaron esta mañá, no Museo Municipal, a programación da 6º edición de Danza no Claustro que se desenvolverá no Claustro de San Francisco os días 20, 21 e 22 de xuño -de mércores a venres- desde as 20.30h.
“Danza no Claustro é unha proposta escénica exclusiva, na que os artistas investigarán o propio espazo para facer unha proposta exclusiva no espazo co gallo de enxalzar a beleza do conxunto a través dos corpos dos bailaríns”, afirmaba Erick Jiménez, a metade de SóLODOS xunto a Maruxa Salas. En definitiva, un matrimonio perfecto de danza, cultura e arte”, afirmaba a concelleira de Cultura, Belén Iglesias, durante a presentación.
A asistencia ás actividades é libre e gratuíta, e o público desenvolve un papel fundamental nas coreografías:
Os artistas desenvolven unha proposta escénica en conxunto, compartindo os seus coñecementos e experiencia nun espazo histórico e importante para a cidade de Ourense. Na súa 6º edición, a danza contemporánea traerá 16 artistas de Costa Rica, México e España coa seguinte programación:
20 de xuño 20.30h
Bocaracá. 60 min. Compañía de Cámara Danza UNA / Costa Rica. 60'.
21 de xuño 20.30h
ON. Cía Exire / A Coruña. 10'.
Coreografía Ganadora de SóLODOS en Danza 2017 e Premio do Público.
Paloma. Compañía de Cámara Danza UNA / Costa Rica. 15'.
One hit wonder. Carla Segovia e Guillermo Aguilar / México. 10'
Vacío. Otradanza / Elche. 20'
22 de xuño 20.30h
Geometría orgánica. Tejido Conectivo / Madrid. 10'.
Quiso hablar pero no pudo. Cía. de Cámara Danza UNA / Costa Rica. 10'.
Touché. Victoria P. Miranda / Bilbao. 12'.
Vacío. Otradanza / Elche.20'.
+ Info:
Erick Jiménez + Maruxa Salas
info[arroba]solodos.es
630 742 946