CONTACTO

  • prem risco
  • Verán cultural
  • Premio poesía
  • Auditorio
  • EdC
  • O Claustro de San Francisco amplía o seu horario de apertura ao público de 18:30 a 21:30 horas polas tardes

    • O monumento, do século XIV, adáptase ás horas de luz do verán.
    • O resto dos espazos expositivos manteñen o horario de apertura normal.
     
    Ourense, xuño de 2018.
     
    O Claustro de San Francisco comeza o martes 26 de xuño o seu horario  estival, permanecendo aberto de 11:30 a 13:30 horas polas mañás, coma o resto do ano, e de 18.30 a 21.30 horas pola tarde, adaptándose ás horas de luz. Este espazo permanece aberto de martes a domingos, sendo o luns o día de descanso.
     
    O Claustro de San Francisco, do século XIV, reabriuse ao público en xuño de 2013, e xa recibiu máis de 15.000 visitas desde entón. Ademais de grupos, o espazo acolle actuacións musicais, de danza ou esgrima. 
     
    O resto dos espazos expositivos mantense como segue:
     
    Museo Municipal, rúa Lepanto 8: de martes a sábado, de 11:00 a 13:30 horas e de 18:30 a 21:30 horas. Os domingos, de 11:00 a 13.30 horas. Luns, pechado.
    Actualmente, pódese visitar a exposición Colpo di Fulmine, do artista visual Pablo Otero.
     
    Sala Valente, rúa do Paseo 20: de martes a sábado, de 11:00 a 13:30 horas e de 18:30 a 21:30 horas. Os domingos, de 11:00 a 13.30 horas. Luns, pechado.
    Xeografía do efémero, do fotógrafo Santi Barreiros, até o mes de setembro.
     
    Belén de Arturo Baltar, praza de San Cosme e Damián. Abre polas mañás entre ás 12:00 e as 14:00 horas.
     

    Concellería de Cultura
    Concello de Ourense
    2017

     

    Rúa da Canle, 1
           32005 Ourense

     

       988 391 290

    Contacto

     

    Accesibilidade

     

    Permisos

    Cultura nas redes:

     

      Facebook

     

      Twitter

     

      Youtube

    Diseñado y programado por ACV Galaica