- AUDITORIO MUNICIPAL
-
MUSEO MUNICIPAL E OUTROS ESPAZOS EXPOSITIVOS
-
CICLO FESTIVO E FESTIVAIS
-
OUTRAS FESTAS E AUTORIZACIÓNS
-
PREMIOS E SUBVENCIÓNS
Os vigueses Maryland incorpóranse ao cartel das Festas
Ourense, 27 de xuño de 2018.
Maryland, formación viguesa recoñecida por emisoras como Radio3 (Grupo Revelación para “Disco Grande”, Disco do Ano para “180 graos”), Cadena Ser (“Mellor Directo” para o programa O Maketón) e o Festival Contempopránea (Grupo revelación), actuará nas festas de Ourense o sábado 30 de xuño, desde as 21:00 horas na Praza do Ferro. Substituirán a Esteban e Manuel, que caen do programa coa súa proposta de Electrocumbia.
A súa música de Maryland ensambla con acerto as melodías e os riffs de guitarra cun alto poder emotivo, con moita expresividade e frescura sobre o escenario. Con máis de 300 concertos ás súas costas, Maryland vén de editar co recoñecido selo Subterfuge o seu cuarto disco de estudo, Resplandor, o seu traballo máis valente en opinión da crítica.
Son dez cancións nas que se enfrontan, de maneira sincera e profunda, ás súas cicatrices, “animando a manterse en pé, a rexurdir como o Ave Fénix, a atopar luz nos recordos escuros”, segundo reza na súa promoción. Dez temas nos que falan arredor da súa música e relatan todo o que lles deu desde que comezaron nisto, dos seus desencantos tamén. Defenden que, para valorar algo en concreto, débese saborear tamén o amargo. Pero tamén da continuidade, do paso do tempo e de sentir ese “resplandor”.
O disco foi producido pola propia banda, gravado por Pancho Suárez de Lis nos Estudos Planta Sónica II de Vigo e mesturado por Santi García nos Estudos Ultramarinos de Sant Feliú de Guixols. Para o proceso de masterización volveron confiar en Victor García (Ultramarinos).
Surprise (Ernie, 2009)
Get Cold Feet (Ernie, 2011)
Something to Share (Ernie 2012), single en vinilo 7"
Os anos mortos (Ernie, 2013)
Resplandor (Subterfuge 2018)
Grupo Revelaciòn Nacional (Discogrande Radio 3 - Festival Contempopranea).
Premio 40 Principais Maketón Estrela Galicia ao mellor directo.
Mellor disco nacional para o programa 180º de Radio 3.