- AUDITORIO MUNICIPAL
-
MUSEO MUNICIPAL E OUTROS ESPAZOS EXPOSITIVOS
-
CICLO FESTIVO E FESTIVAIS
-
OUTRAS FESTAS E AUTORIZACIÓNS
-
PREMIOS E SUBVENCIÓNS
Ourense celebrará o 15 de setembro o seu Entroido de Verán
Ourense, agosto de 2018.-
O Concello de Ourense organiza unha nova edición do Entroido de Verán, que terá lugar o día 15 de setembro.
O Concello de Ourense organiza unha nova edición do Entroido de Verán, que terá lugar o día 15 de setembro.
Nesta edición, a Concellería de Cultura contará cun orzamento de 1.975 euros en premios repartidos en diferentes categorías: individual, parellas, grupos e premio especial á mellor foto. Para optar aos premios establecidos, as persoas que desexen participar deberán inscribirse na Concellería de Cultura ou a través do enderezo de correo electrónico cultura [arroba]ourense.es. O prazo de inscrición rematará o día 11 de setembro ás 13:00 horas.
Ademais o sábado 15 de setembro, a partires das 21,30 horas, participarán no desfile que percorrerá diferentes rúas do Casco Vello (Praza Maior, Lamas Carvajal, praza de Santa Eufemia, rúa da Paz, Praza do Ferro, rúa Fornos e Correxidor). O xurado estará composto por representantes da Concellería de Cultura, hostaleiros/as da Praza do Correxidor e persoeiros/as do mundo da Cultura, do Deseño, da Imaxe ou da Comunicación.
Toda a información sobre o Entroido de Verán, bases e fichas de inscrición no seguinte enlace.
Toda a información sobre o Entroido de Verán, bases e fichas de inscrición no seguinte enlace.